Ribadeo, 1 de xullo de 2021. A Área de Economía, Turismo e Desenvolvemento Local organiza este verán 10 percorridos guiados gratuítos, a través dos que se poderá descubrir o importante patrimonio natural e cultural de Ribadeo. Trátase dunha serie de rutas para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural. No acto de presentación participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, e a técnica de Turismo do Concello ribadense, Begoña García.
Vizoso Galdo explicou que “este ano, como novidade incorpóranse novos percorridos guiados, como o do Ribadeo Antigo co que nos trasladaremos a tempos pasados, de segredos lendas e historias, para ver esta vila con outros ollos. E tamén teremos novas Xeorutas. Neste caso a protagonista será a Ría de Ribadeo, descubriremos a súa orixe, a súa evolución e as formas que xerou nesta a erosión mariña e fluvial”.
O edil ribadense indicou que “como produto estrela este verán contaremos con 2 visitas teatralizadas, una polo Ribadeo Ilustrado e outra polo Camiño do Encanto. A do Ribadeo Ilustrado, da man do grupo de teatro Os Quinquilláns, descubriranos un dos momentos de maior auxe económico de Ribadeo, no que o seu porto alcanzou unha posición de primeiro nivel no Cantábrico Hispano. Comezará o 15 de xullo e terá lugar todos os xoves de xullo, agosto e setembro ás 20.30 horas. E coa do Camiño do Encanto percorreremos algúns dos atractivos máis singulares do interior de Ribadeo: o Pazo de Cedofeita, as Pegadas do Encanto e o Santuario de Nosa Señora das Virtudes con relatos teatralizados, que nos permitirán afondar nos valores e historia do patrimonio interior de Ribadeo. Esta visita será o 18 de xullo, o 1, o 15 e o 29 de agosto ás 10:30 horas”.
O concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local dixo que “nos camiños, que percorreremos en autobús, poderemos apreciar todos os valores de Ribadeo asociados ao mundo da gandería e a agricultura, culminando na praza de abastos para ver de cerca os froitos da nosa terra”.
RIBADEOXNATURAL
Dende o punto de vista natural darase unha ampla visión do importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da mariña lucense. Así, organízanse desde o Concello de Ribadeo 4 Xeorutas.
1. Xeo-ruta dos Arcos para explorar o conxunto de arcos rochosos máis importante da península Ibérica.
Xullo: xoves 8 e 22.
Agosto: martes 10 , xoves 12, martes 24 e xoves 26.
Setembro: martes 7
Setembro: xoves 9 e venres 10 (Edición especial)
Duración: 45 minutos. Distancia a pé: 1,5 quilómetros. Dificultade: baixa.
Punto de encontro: Punto de Información Turística da Praia das Catedrais.
2. Xeo-ruta da Ría para descubrir a orixe da ría de Ribadeo, a súa evolución, e as formas que xerou nesta a erosión mariña e fluvial.
Xullo: xoves 1, martes 6 e martes 20.
Agosto: martes 3, xoves 5 e martes 17.
Setembro: xoves 2.
Duración: 3,5 horas. Distancia a pé: 6,5 quilómetros Dificultade: baixa.
Punto de encontro: Oficina de Turismo de Ribadeo
3. Xeo-ruta dos Pregues para mostrar unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña Lucense, o gran pregue que se estende dende a Ría de Foz ata Ribadeo.
Xullo: xoves 29
Agosto: martes 31
Duración: 3 horas. Distancia a pé: 4 quilómetros. Dificultade: baixa.
Punto de encontro: na área recreativa da Areosa (Piñeira).
4. Xeo-ruta do Ollos para gozar dos tesouros xeolóxicos deste treito litoral e do fermoso pobo mariñeiro de Rinlo.
Xullo: xoves 15 e martes 27.
Agosto: xoves 19.
Duración: 3 horas. Distancia a pé: 5 quilómetros. Dificultade: baixa.
Punto de encontro: praza de Santa Catarina en Rinlo.
*Os horarios están en función das mareas, consultar durante a reserva.
RIBADEOXCULTURAL
A través de 4 roteiros guiados e interpretados e 2 visitas teatralizadas, poderase gozar do fascinante patrimonio cultural e etnográfico presente en cada recuncho da vila e tamén do interior do Concello:
1. Visita teatral ao Ribadeo Ilustrado da man do grupo de teatro Os Quinquilláns.
Xullo: xoves 15, 22 e 29
Agosto: xoves: 5, 12, 19 e 26
Setembro: xoves 2 e 9
Punto de encontro: diante do Concello
Hora: 20.30 horas
Duración: 1 hora
2. Visita teatralizada ao Camiño do Encanto.
Xullo: domingo 18
Agosto: domingo 1, 15 e 29
Punto de encontro: Oficina de turismo de Ribadeo (desprazamento en minibus gratuíto)
Hora: 10.30 horas
Duración: 2,5 horas
3. Visita guiada ao Santuario de Nosa Señora das Virtudes.
Xullo: luns 5, 12, 19 e 26
Agosto: luns 2, 9, 16, 23 e 30
Punto de encontro: Santuario de Nosa Señora das Virtudes na Ponte de Arante.
Hora: 11.30 horas
Duración: 1hora
4. Visita guiada ao “Ribadeo Indiano”.
Xullo: mércores 7, 14, 21 e 28.
Agosto: mércores 4, 11, 18 e 25.
Punto de encontro: diante da Oficina de Turismo de Ribadeo
Hora: 11.30 horas
Duración: 1hora
Visita guiada ao “Ribadeo Ilustrado”.
Xullo: venres 2, 9, 16, 23 e 30.
Agosto: venres 6, 13, 20 e 27.
Punto de encontro: diante da Oficina de Turismo de Ribadeo
Hora: 11.30 horas
Duración: 1 hora
5. Visita guiada ao “Ribadeo Antigo”.
Xullo: sábado 10, 17, 24 e 31
Agosto: sábado 7, 14,21 e 28
Punto de encontro: diante da Oficina de Turismo de Ribadeo
Hora: 11.30 horas
Duración: 1hora
Pablo Vizoso sinalou que “todas estas actividades serán de balde. As prazas son limitadas. É preciso reservar na sección de Momentos na páxina web: turismo.ribadeo.gal As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 128 689. Vanse manter todas as medidas hixiénico sanitarias por mor do covid 19”.
E engadiu que “para completar esta oferta cultural a partir do 5 de xullo o Concello, en colaboración co alumnado/traballador do Obradoiro de emprego Ribadeo alén do Camiño, mostrará ao público os encantos artísticos do Santuario de Nosa Señora das Virtudes, que conserva un rico patrimonio en pinturas murais tardo-medievais. A ornamentación pictórica levouse a cabo mediante a técnica do fresco”.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



