Cervo, 12 de agosto de 2021. O Concello de Cervo investirá nos vindeiros meses preto de 400.000 euros -397.399,16 euros concretamente- en diferentes actuacións de saneamento e abastecemento de auga que se executarán nas diferentes parroquias.
As obras serán asumidas integramente con fondos propios froito do remanente de tesourería que presentan as arcas municipais –tal e como explica o rexedor, Alfonso Villares- quen puxo de manifesto “a importancia dunha xestión seria e responsable dos cartos públicos para poder dar resposta ás necesidades que se presentan no día a día das nosas parroquias, da nosa veciñanza”.
A filosofía deste equipo de goberno para por ir dotando pois ao noso rural –apunta- de servizos que o fagan atractivo para vivir, para o asentamento de nova poboación, de novas familias.
Por este motivo entendemos prioritarias as diferentes actuación que imos executar con estes fondos públicos. A maioría delas son esas obras que van soterradas, que non se ven, pero que son fundamentais para o benestar da veciñanza.
As actuación que se levarán a cabo os vindeiros meses a cargo do Remanente de tesourería son:
Rede de saneamento e pavimentación de viais nos lugares de Alleira e o Cal, en San Román; por un importe de 77.355,45 euros
Renovación de redes de abastecemento de auga potable desde a ponte do Río Xunco ata a estrada do Vilar e dende a Fonte Santa ata o cruce da Ponte do Rego, en Sargadelos; por un importe de 48.169,83 euros
Substitución da rede de saneamento na Ponte de Lieiro, en San Ciprián; por un importe de 47.651,37 euros
Redes de abastecemento de auga potable, saneamento, depuración e pavimentación de diferentes vías no lugar de Vilaestrofe, en San Román, por un importe de 127.667,41 euros
Substitución de redes de saneamento e abastecemento de auga na Avenida da Mariña, desde o cruce da Rúa da Cruz ata o cruce da Rúa Bellavista e Rúa da Veiga, por un importe de 48.368,14 euros.
Mantemento e mellora do depósito de auga potable da ETAP de Rúa, por un importe de 48.187,16 euros.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



