Burela, 13 de agosto, 2021. O Parador de Toledo acolle esta fin de semana a sétima etapa da campaña “Orixe & Destino Galicia” da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e Paradores, que promociona o bonito do norte e a pescada do pincho da lonxa de Burela a través dos restaurantes da rede de Paradores que están ubicados en diferentes rutas do Camiño de Santiago.
A “Ruta Xacobea da Merluza de Burela” fai parada en Toledo e continuará polo ‘Camiño do Levante’ ata chegar ao seu destino final en terras do Finisterrae (fin da terra), no Parador Costa da Morte (Muxía).
O restaurante do Parador de Toledo ofrece desde o xoves 12 ao domingo 15 de agosto a receita “Pescada do pincho de Burela confitada, allada arrieira de tiznao e pilpil lixeiro”.
Unha vez completada a “Ruta Xacobea do Bonito de Burela”, que partiu de Santiago de Compostela e foi visitando os Paradores de Lleida (Camiño Catalán), Santo Domingo de la Calzada e León (Camiño Francés); a “Ruta Xacobea da Merluza de Burela” atravesa agora a península ibérica de leste a oeste cumprindo etapas semanalmente nos Paradores de Alcalá de Henares (Camiño de Madrid), Toledo e Ávila (Camiño do Levante), Zamora (Vía da Prata) e Muxía (Camiño de Fisterra).
Esta acción denomínase “Orixe & Destino Galicia” porque o bonito do norte e a pescada do pincho partiron desde a lonxa de Burela e volven a Galicia seguindo o Camiño de Santiago a través de dez etapas: dous produtos pesqueiros de Burela, sete rutas xacobeas, dez Paradores, seis comunidades autónomomas e a mesma orixe e destino: Galicia.
Esta campaña, que se inclúe no Plan de Produción e Comercialización de OPP Lugo e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP, combina a calidade do produto pesqueiro de Burela, coa colaboración de Armadores de Burela, a gastronomía de Paradores e as rutas do Camiño de Santiago.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



