Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2021. A Xunta de Galicia acaba de asignar máis de 755.000 euros aos concellos lucenses de Mondoñedo e Ribadeo co fin de financiar distintos tipos de actuacións nas tres áreas de rehabilitación integral (ARIS) declaradas nestes municipios.
Tras analizar as solicitudes recibidas e tendo en conta o cumprimento de obxectivos de cada concello nas convocatorias anteriores, o Goberno galego resolveu incluír a 22 entidades locais galegas no reparto dos 10,2 millóns de euros dispoñibles para 2021 no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural, cofinanciado polo Executivo autonómico e o estatal.
No caso da Mariña lucense, Mondoñedo poderá xestionar case 400.000 euros para actuacións dentro da súa ARI que, ademais, o ano pasado tamén foi declarada Área rexurbe, a primeira de Galicia e a única que xa completou a súa posta en marcha coa sinatura, a finais de xuño, do convenio para a creación do centro de rexeneración urbana. A condición de Área rexurbe, precisamente, foi un dos criterios que se tivo en conta á hora de repartir os fondos para 2021, traducíndose nun reforzo do financiamento asignado a este ámbito concreto.
Así mesmo, a aposta da Xunta pola recuperación do casco histórico de Mondoñedo tamén se reflicte na súa inclusión no chamado Programa Rexurbe, unha iniciativa para adquirir inmobles abandonados e rehabilitalos con fins residenciais. Concretamente e ao abeiro deste programa, o IGVS adquiriu 13 edificios neste concello por un importe de 621.000 euros e a mediados do pasado xullo licitou por outros 437.000 euros a redacción dos correspondentes proxectos para proceder á súa rehabilitación.
En canto ao Concello de Ribadeo, no reparto definitivo dos fondos dispoñibles para 2021 correspóndenlle algo máis de 376.000 euros a dividir entre as dúas ARIS para as que, nesta ocasión, solicitou financiamento.
Unha vez resolta a convocatoria deste ano e notificados os beneficiarios, o seguinte paso será asinar convenios específicos con cada un dos 22 concellos seleccionados para que, a continuación, as propias Administracións locais procedan a convocar as correspondentes axudas, ás que poderán optar os propietarios das vivendas e edificios a rehabilitar dentro de cada ARI.
O importe máximo das subvencións dirixidas a particulares e comunidades de veciños é de 24.000 euros por vivenda, sen que poida superar o 50% do orzamento da actuación. En todo caso, chegará ao 85% cando o solicitante teña ingresos inferiores a tres veces o IPREM e cando se acometan actuacións de mellora da accesibilidade e se acredite que na unidade de convivencia hai persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.
Ademais, os concellos recibirán tamén subvencións para executar pola súa conta actuacións de urbanización e reurbanización de espazos públicos no ámbito da ARI, cun importe de ata 2.000 euros por cada vivenda rehabilitada.
A maiores, a Administración local contará con financiamento para sufragar os custos asociados á oficina municipal de rehabilitación —1.500 euros por vivenda rehabilitada ou construída en substitución doutra existente—.





















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



