Burela, 30 de agosto de 2021. A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza a campaña de volta ao cole con dúas ramas: por unha banda, un concurso de fotografía e debuxo en liña para os máis cativos da casa, e por outro lado, o sorteo de seis vales de compra cun importe de 50 euros cada un entre os compradores das tendas asociadas a ACIA Burela que acumulen máis de 10 euros nas súas compras.
O concurso en liña contará con tres categorías por idade: de 5 a 8 anos, de 9 a 12, e de 13 a 16 anos; en dúas modalidades: debuxo e fotografía. Os premios serán de 40, 20 e 15 euros, dependo do posto acadado. Os participantes teñen ata o 15 de setembro para poder participar e os gañadores serán aqueles debuxos ou fotos que máis like’s obteñan nas redes sociais de ACIA Burela (tanto Facebook como Instagram).
Por outra banda, o sorteo de seis vales de compra por un importe de 50 euros cada un realizarase entre as compras de mínimo 10 euros realizadas entre o 1 e o 15 de setembro. Para participar é preciso cubrir unhas papeletas que teñen á súa disposición nos establecementos participantes. Unha vez realizado o sorteo publicaranse os nomes dos gañadores nas redes sociais da asociación e os premiados poderanos gastar nas tendas asociadas. Uns bos premios para impulsar e promover as vendas relacionadas co regreso ás clases no comercio de proximidade.
Ademais, un dos obxectivos principais desta campaña é que a xente máis nova coñeza ACIA Burela e a importancia e valor dos establecementos locais da súa vila. Por iso, se estás pensando en realizar as túas compras en Burela non perdas a oportunidade e participar nesta iniciativa.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



