Burela, 17 de agosto, 2021. O Pescados Rubén Burela FS incorporará como cuarta novidade a outra promesa do fútbol sala brasileiro, o pivote Jonathan Levi Augusto (Carapicuíba-São Paulo, 1994). O xogador, que defendeu o Brasília Futsal en 2020-21, súmase ao equipo de Riquer, que estreará a pretempada en luns 23 de agosto, tras as incorporacións xa anunciadas dos peches Isma e Wanderson e o ala Rikelme.
“Para min sempre foi un soño xogar no fútbol sala en Europa. Pescados Rubén brindoume esa oportunidade; é algo que quedará para sempre marcado na miña vida” confesaba Levi, que se estreou como sénior en 2014 no Intelli Orlândia e despois militou no Osasco, Pato, Matelândia e Coronel, ademais de Pato e São José dous Pinhais, onde se alzou co título de campión e subcampión paranaense, en 2016 e 2017 respectivamente.
O pivote brasileiro vén disposto a ofrecer a súa mellor versión: “Veño para tentar axudar con goles e asistencias para os meus compañeiros; con dedicación, entrega e traballo moi duro quero conquistar éxitos con esta camiseta, que o meu nome poida chegar a entrar na historia deste club que xa forma parte da miña vida”, explicaba o xogador de 26 anos, moi ilusionado neste novo capítulo que abre na súa carreira deportiva, estreando experiencia no futsal español: “Todo o que vin e coñezo do Pescados Rubén gústame. É club cun proxecto serio que ten o obxectivo de medrar e conquistar cousas grandes; na súa estrutura conta cun grande equipo feminino, hoxe o mellor do mundo, e, con moito traballo e unha traxectoria consolidada, tamén buscar seguir crecendo e ser un dos grandes na elite masculina”.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.


