‘Nós’. Consideremos ese nós como España. Co que se produce en toda España nun ano (co que cost, non co que se gana na produción e venda), non se pode mercar ó valor actual nin Apple, nin Microsoft, nin Aramco (se non che soa, a compañía estatal de petróleos de Arabia Saudí), nin Amazon, nin Alphabet (Google)… Coido que debera dar que pensar. Case cincuenta millóns de persoas non somos capaces de producir o que vale unha desas empresas no mercado actual.
Dende que comezou a usarse o diñeiro, os poderes políticos mantiveron o seu poder sobre el, a súa regulación e creación, pero tamén cada vez máis, baseándose nel, no seu uso. E iso deu pé a unha diversificación do poder, cun aumento relativo paulatino da importancia do ‘poder económico’. Algo que pasou das persoas, ás familias, e logo, ás compañías. Hoxe, as compañías poden crebar ou ser absorbidas por outras, pero non morrer, coma nós: como entidades, están fóra do ciclo biolóxico como o comprendemos; aínda que se poda falar da bioloxía das compañías, o seu poder atravesa as nosas xeracións: o poder das persoas remata coa morte; o das compañías, ó non verse afectadas pola morte, pode seguir acumulándose ó ritmo de acumulación dos cartos. Por certo, que esa acumulación financieira prodúcese con moita frecuencia a un ritmo maior que o que medra a economía dos países. E o método de incremento, non importa. É dicir, medran máis as empresas que os países. Ou sexa, chega un momento no que a concentración – de cartos e poder – que ten algunha delas, o seu ‘valor’ (hai que ver que diferentes significados pode ter a palabra ‘valor’!) supera á produción dun determinado país. E logo, doutro máis grande ou máis ‘desenvolto’. E doutro, e…
Iso plasma un feito: o que as compañías vaian ganando en poder ós estados. E, se en tempos se impoñían só os ‘estados bananeiros’, agora ese termo ampliouse, e un estado como o español quedaría dentro desa categoría para un puñado de multinacionacionais. Por iso quizais non deban estrañarnos os procesos de descomposición que a estrutura do estado, as institucións e as persoas representativas por estar en determinados postos (sexan elixidos, designados ou por herdanza) comecen a parecerse ó que tiñamos como idea asociada a un estado bananeiro. As circunstancias concretas poden variar, mais o sentido xeral coido que vai máis aló desas circunstancias particulares: dende que os cartos son máis importantes -vía poder- que as persoas, algo certificado polo valor das compañías e a produción das persoas nesta economía que temos, as lealdades cambian. Xa non son lealdades ás persoas e ó sistema de que se dotaron para rexirse, senón ós cartos e a quen os ostenta. Os casos puntuais son só exemplos concretos dun sistema xeral.
E, polo do medre relativo, a cousa tende a ir a peor…
Por certo, cando as entidades públicas son máis pequenas que os estados, o volume das empresas necesario para facer un razoamento relativo tamén diminúe, non é necesario que sexan tan grandes.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



