Santiago de Compostela, 5 de Agosto 2021. O BNG considera unha “estafa” que o Goberno do PP destine 2,88 millóns de euros a sufragar ás entidades bancarias para que instalen caixeiros en concellos nos que previamente pecharon oficinas, coa consecuente supresión de postos de traballo, e suprimiron igualmente o servizo de caixeiro que podería cando menos garantir servizos mínimos como a retirada de efectivo ou o pago de recibos.
Eses 2,88 millóns de euros, cuxas condicións de adxudicación se recollen nunha orde da Consellería de Facenda, implica destinar 700.000 euros anuais no período 2021-2025 para financiar aos bancos por prestar un servizo que debería garantir as propias entidades, como é que a poboación teña acceso ao seu propio diñeiro, entre outras prestacións básicas.
“É unha tomadura de pelo: resulta que con cartos públicos, os galegos e as galegas imos financiarlle aos bancos a instalación de caixeiros para que a poboación poda retirar o seu propio diñeiro. Unha banca que ten beneficios millonarios e á que xa rescatamos en 2009, mentres moitas familias soportaban a crise, mesmo perdendo as súas vivendas porque non podían pagar as súas hipotecas”, denuncia o viceportavoz parlamentario, Manuel Lourenzo.
Os concellos afectados están sobre todo no medio rural, e o Bloque considera unha tomadura de pelo que deixar a miles de persoas sen un servizo básico teña premio e mesmo advirte que pode darse un efecto chamada.
“Pechan oficinas, suprimen postos de traballo, deixan a miles de galegos e de galegas sen un servizo básico e a resposta do Goberno de Feixóo, -o mesmo que en tantas ocasión di que non hai recursos para financiar servizos públicos como a educación ou sanidade-, é subvencionar para que a banca siga engordando a súa conta de resultados. E máis, esta medida mesmo pode ter un efecto chamada, porque se un banco mantén o servizo, pero outro que pecha recibe subvencións da Xunta, que lle impide pechar para ter tamén esa subvención?”, advirte Lourenzo.
Para o Bloque, “a solución non está en seguir rescatando á banca, senón ás persoas. E para iso, as autoridades económicas e financeiras deben establecer unha regulación que garanta que a veciñanza, con independencia de onde viva, ten acceso aos seus aforros e aos servizos bancarios básicos. Nesa dirección é na que se debe traballar e lexislar”, recalcou o parlamentario nacionalista.
En 2008 había en Galiza máis de 2.500 oficinas, a día de hoxe a cifra está arredor de 1.300 como consecuencia dun proceso de concentración bancaria que se traduce en menos emprego e menos oficinas deixando na exclusión financeira aos pequenos concellos, a maioría no rural, que ante o recorte progresivo de servizos ten difícil contrarrestar a perda de poboación.
Pero non é un proceso que só afecte ao rural, advirte Lourenzo: “Galiza perdeu na última década 51,52% das sucursais bancarias e agora mesmo este proceso continúa e non é en absoluto un proceso exclusivamente do rural ou de zonas pouco poboadas senón que as cidades están a ver como, coa coartada da pandemia, barrios enteiros quedan sen servizo”. Segundo un informe do Banco de España, hai 38 concellos galegos en situación de exclusión financeira porque non contan nin con oficinas, nin sequera con caixeiros.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



