Presidiron o acto o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Igualdade, Noelia Mª Ben. Tamén asistiron a edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, así como representantes de Bumei e veciñas e veciños de Burela. A edil de Igualdade dixo: “o que máis nos gustaría sería non ter que concentrarnos por feitos coma o ocorrido na Coruña. Pero queremos desde aquí amosar a máis enérxica repulsa do Concello de Burela contra as violencias, sexan do tipo que sexan”.
![A Praza do Concello de Burela acolleu este luns unha concentración de condena ao último asasinato machista cometido na cidade da Coruña hai uns días](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2021/09/200921-Foto-concentracion-Burela.jpeg)