Lugo, 17 de setembro de 2021. Circular pola maioría das estradas provinciais é constatar o déficit que padecen en canto a sinalización horizontal e vertical, así como o deterioro que sofren moitos dos sinais existentes. Rodando polas vías provinciais chama a atención, en contraposición ao deficiente mantemento da sinalización viaria, o bo estado dos carteis institucionais, nos que se indican as obras en execución o xa executadas. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “A fórmula para corrixir o problema, para a inaprazable mellora da sinalización, é moi sinxela: Máis cartos para arranxar a sinalización viaria das estradas provinciais e menos cartos para carteis propagandísticos e institucionais. É unha cuestión de vontade política e de deixar de lado os intereses partidarios e mirar máis polos intereses de todos os lucenses”.
Castiñeira destaca que “percorrer as estradas da provincia dá ao Partido Popular un coñecemento real das mesmas e do potencial económico e social que nos outorga ter unha rede viaria de máis de 4.000 quilómetros”. Lembra que no seu grupo levan tempo “denunciando o mal estado dos firmes, e síguenos preocupando, e tamén, nestas épocas, a mala xestión das rozas, que chegan tarde, o que trae moitísimos problemas”.
Castiñeira declara: “Queremos facer fincapé noutro problema que nos parece prioritario solucionar. O mal estado da sinalización viaria, especialmente dos sinais verticais, incluídos os informativos de poboacións, de núcleos rurais, que en moitos casos están dobrados, caídos, enferruxados, cubertos pola maleza e na maior parte dos casos, sucios”. Explica que estes sinais deteriorados “conviven con grandes paneis de obras, institucionais, de propaganda de obras que, contrariamente ao que sería recomendable, están en mellores condicións que os propios sinais de tráfico regulamentarios; así, ademais de aumentar a inseguridade viaria, aumenta a mala imaxe, unha imaxe de abandono absoluto, tanto das propias estradas como do conxunto da provincia”. Lamenta que o goberno provincial “prime a propaganda institucional fronte ao bo estado da sinalización de tráfico”.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



