Santiago de Compostela, 14 de setembro 2021. O BNG instou á Xunta a deixar sen efecto a convocatoria das axudas á banca para abrir caixeiros, na que Abanca obtivo a máxima puntuación, segundo avanzou o Goberno galego- e calquera medida que teña por obxecto inxectar recursos públicos a entidades bancarias para sufragar servizos que estas mesmas entidades están a pechar sen xustificación económica. De igual xeito, reclamou ao Executivo do PP en pleno parlamentario que, na vez de converter “o remedio en enfermidade”, negocie con todas as institucións, organizacións sociais e de consumidores e consumidoras para demandar da banca o mantemento de oficinas e emprego.
Así o expuxo a portavoz nacionalista de Facenda e Orzamentos, Noa Presas, quen cualificou de “auténtico escándalo” e unha “absoluta aberración” o financiamento con fondos públicos dun servizo privado que o sector bancario pecha exclusivamente para incrementar os seus beneficios. “Inxectar fondos públicos ás entidades que están pechando oficinas e caixeiros para que poñan caixeiros alí onde pechan. Non é que mexen por nós, é que vostedes lles pagan para que mexen por nós”, censurou logo de criticar o “efecto chamada” que provocou esta medida xa que, dende que se publicou a convocatoria, “aceleráronse os peches”.
Logo de alertar sobre a “brutal reconversión” na que se atopa inmerso o sector financeiro, con consecuencias gravemente negativas no ámbito laboral, social e económico, Presas advertiu que Galiza perdeu desde 2008 máis da metade das súas oficinas bancarias, pasando de máis de 2.500 a menos de 1.300 no comezo da pandemia. “E non é certo como di o PP que isto afecta só a catro oficinas no rural, senón que estamos ante un proceso moi profundo que afecta non só dun xeito xeneralizado ao rural, senón tamén ás cidades”, afeou, para a continuación reprobar o “rescate encuberto” que se está a acometer cun sector que “na anterior crise xa foi rescatada con máis de 65.000 millóns de euros, dos que apenas se van recuperar 15.000”.
Neste sentido, e sobre Abanca en concreto -entidade que vai resultar adxudicataria da convocatoria da Xunta-, recordou que esta fora rescatada no seu día con máis de 9.000 millóns e malvendida por 1.000. “E agora o señor Feixóo quere pagarlle por poñer caixeiros onde os está pechando para ter máis beneficios, vendendo aínda máis o noso país ao señor Escotet”, reprochou, en alusión á lei que facilita a universidade privada impulsada por esta entidade e ao “chiringuito” creado para xestionar os fondos europeos. “O podio das portas xiratorias -recalcou- porque xa non é que membros do goberno acaben en bancos e eléctricas, senón que fan que gobernen directamente por vostedes”.
A portavoz de Facenda e Orzamentos reclamou ao Goberno galego que apoie a demanda do BNG ante o Estado para garantir por lei a obrigatoriedade de que as entidades financeiras teñan unha rede de servizos mínima ao longo do territorio en función do seu volume de negocio, igual que acontece noutras actividades.
“Pedímoslles que fagan algo que non sexa seguir regalando este país a Escotet”, reprobou para concluír a continuación que, neste ámbito de actuación, só hai dúas alternativas: “unha, negociar e lexislar e, outra, ser parte do problema e poñerse do lado da banca regalándolle máis recursos públicos”. Pese aos argumentos da deputada nacionalista, a proposición non de lei nacionalista non prosperou polo veto do PP.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



