Viveiro, 10 de setembro, 2021. A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, preguntou no pleno do pasado martes 7 de setembro, polas labores de roza que se teñen desenvolto recentemente na parroquia de San Andrés de Boimente, onde se rozaron camiños e pistas forestais de pouco tránsito e pola contra continúase sen rozar e nun estado urxente, a limpeza dos accesos municipais que son os realmente transitados e que forman parte dos accesos ás vivendas.
“Segundo se nos ten trasladado”, afirmou Míriam Bermúdez, “tanto o Tenente de Alcaldesa como o Concelleiro de Obras foron informados desta situación mais non deron solución nin explicación algunha”, polo que rogamos se informe dos motivos polos que os accesos ás vivendas desta parrquia continúan sen rozar, con tanta maleza que ademais de perigoso impide o paso de dous vehículos.
Hai dous anos propuxemos á alcaldía reservar un 2% do orzamento municipal e o 50% dos fondos do Plan Único da Deputación para o mantemento das estradas municipais, mais María Loureiro votou en contra pois segundo ela, xa tiñan o seu propio plan. “Un Plan ou forma de organizar o mantemendo de estradas que só funciona baixo denuncia pública; xa sexa veciñal, como nesta ocasión por redes sociais, e/ou política, levándoo a pleno como fixemos”, afirmou Míriam Bermúdez.
A alcaldesa María Loureiro, con máis presa que compromiso, optou no pleno por non responder as preguntas formuladas pola concelleira do BNG, contestando: “No, no, lo contestamos para el próximo pleno, no, no, porque sino no salimos.” Dous días máis tarde do pleno e despois de meses de abandono, acomoteuse por fin a tan esperada “apertura” de todas as vías de comunicación municipais de Boimente, desbrozándoas.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


