Cervo, 24 de setembro de 2021. O Concello de Cervo, a través da delegación de servicios sociais en colaboración coa Asociación de xubilados Terramar, prepara unha programación en conmemoración do Día do Alzheimer, que foi o pasado 21 de setembro.
A actividade principal do programa consistirá nunhas xornadas dedicadas á enfermidade que terán lugar en San Cibrao e en Cervo. Nestes coloquios interactivos, dirixidos pola terapeuta ocupacional Reyes Quelle, faranse exposicións teóricas das particularidades do Alzheimer e impartiranse consellos prácticos sobre como afrontar este trastorno neurocognitivo.
Outra das actividades será un programa de envellecemento activo, no que se levará a cabo un traballo tanto psicolóxico como físico con todas as persoas que se apunten. Tanto as xornadas como as actividades de envellecemento activo teñen previsto iniciarse no mes de outubro e prolongaranse ata finais de ano.
Durante a realización do programa colocaranse dúas caixas de correos – unha na casa da cultura de San Cibrao e a outra será itinerante polo resto do Concello- que servirán para presentar dúbidas da enfermidade tanto para usuarios como para coidadores.
Ao final das actividades, farase unha exposición fotográfica onde se poderá ver todo o traballo realizado durante o transcurso de todo o programa.
Para Pilar Armada “é importante dotar á xente de ferramentas que lles permitan coñecer esta enfermidade e o xeito de actuar ao convivir con ela”. A concelleira de Servicios Sociais anima á xente a asistir á xornada informativa do próximo mércores ás 17H na Casa da Cultura para resolver todo tipo de dúbidas sobre o contido do programa.





















A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



