Viveiro, 10 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro informa da finalización das obras de mellora de varias vías de titularidade municipal das parroquias de Vieiro e Galdo, incluídas dentro do “Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022”, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
Estas axudas regúlanse mediante a Resolución do 28 decembro de 2020 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022.
Estas axudas son concedidas por Agader a todos os municipios de Galicia e, malia que o Concello decide que pistas se inclúen, a selección de vías debe cumprir cos requisitos marcados por esta institución. Deste modo, Agader establece nas bases das axudas requisitos como tratarse de camiños de acceso a parcelas agrícolas ou vías cunha lonxitude mínima.
Esta situación provoca que o Concello de Viveiro non puidese incluír nos traballos todos os camiños que desexase mellorar e tivese que seleccionar aqueles que cumpren os requisitos de Agader.
O proxecto para realizar estas actuacións contou cun investimento de 63.425 euros, incluíndo a execución de obras de mellora na Pista de Borralleiros, en Vieiro; e do Camiño da Veiga, Camiño do Cárcere e Pista da Pedrosa, en Galdo.
As obras realizadas consistiron en labores de mellora, mediante o reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axustadas ás características do tráfico rodado que soportan. Tamén se realizaron labores de mantemento, tanto do firme existente mediante o bacheo de determinadas zonas como de mantemento das marxes dos camiños mediante a limpeza de cunetas.

























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



