Viveiro, 28 de setembro de 2021. A Concellería de Benestar Social informa de que o Concello de Viveiro acollerá este xoves 30 de setembro a Feira Comercio con Sentido dende as 12:00 ata as 18:00 unha obra de teatro o sábado 9 de outubro ás 19:00 para reflexionar sobre a orixe do que consume a cidadanía. Ambas actividades enmárcanse na campaña “Aquí e Acolá O Xusto” da ONG Solidariedade Internacional de Galicia.
O comercio xusto é un movemento social que promove as relacións comerciais máis igualitarias para paliar o empobrecemento dos países do Sur Global. Esta causa chega a Viveiro da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: “promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos”.
No marco da campaña “Aquí e Acolá O Xusto”, realizarase en Viveiro a feira Comercio Con Sentido, de produtos de comercio xusto, que terá lugar na zona do mercado dos xardíns Noriega Varela este xoves, 30 de setembro, entre as 12:00 e as 18:00. Tamén desfrutarán desta feira catro grupos de alumnas e alumnos do IES María Sarmiento. Os grupos desfrutarán dunha visita guiada de 30 minutos entre as 12:00 e 14:00, coa fin de sensibilizar e aproximar á xuventude de Viveiro o labor que se está a realizar.
As persoas asistentes á feira Comercio Con Sentido poderán achegarse á realidade que existe detrás dalgúns dos alimentos que consumimos no noso día a día como o azucre, o cacao ou o café. A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información sobre a súa orixe, produción, comercialización, características e variedades, así como dos problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que esta mercancía chega as nosas mans. Ademais os/as asistentes tamén poderán degustar variedades de café, cacao e azucre.
Á semana seguinte, o sábado 9 de outubro, os veciños e veciñas de Viveiro poderán gozar e aprender coa obra de teatro “Vaia Tea!” que se realizará no teatro Pastor Diaz ás 19:00.
As entradas estarán dispoñibles a partir do 1 de outubro e poderán conseguirse chamando ao número de teléfono 982 560 162 ou ben enviando unha mensaxe ao correo rbg.cultura@viveiro.es
Por outra banda, a representación teatral “Vaia Tea!” da compañía Xucrut Teatre pretende achegar ao público a realidade que existe detrás do consumo de roupa a través do humor e a invitación á reflexión.
A campaña “Aquí e Acolá O Xusto”, financiada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.
A concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez, reitera o seu agradecemento ao Fondo Galego pola achega de proxectos sempre tan enriquecedores coma este para as veciñas e veciños de Viveiro.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



