Foz, 15 de outubro de 2021. O alcalde de Foz, Francisco Cajoto, é un bo exemplo de como entenden no PSOE o exercicio das responsabilidades de xestión. Fronte a gobernos socialistas, silencio e submisión, por moi prexudicados que saían aqueles aos que serve; fronte aos outros, crítica, continuada reclamacións de obras e servizos. O portavoz popular en Foz, Javier Castiñeira, á vista da marxinación que sofre A Mariña nos orzamentos xerais do Estado para o próximo ano, sinala: “Chámanos a atención o dobre raseiro do señor Cajoto, tanto como alcalde de Foz como presidente da Mancomunidade. Vémolo moitas veces exercendo de opositor á política da Xunta de Galicia; agora fala deste novo proxecto de fábrica de fibras téxtiles e forestais que anunciou o presidente da Xunta de Galicia para a nosa provincia, que está traballado e avanzando. Vemos que o señor Cajoto moito demandar á Xunta planes industriais, pero cando toca pedir contas ao Goberno do Estado, aos señores compañeiros socialistas, que serían os que máis man terían para pedir investimentos, fai o contrario e opta pola calada como resposta”.
Castiñeira di: “Cajoto non fai absolutamente nada, tanto como presidente da Mancomunidade nin como alcalde de Foz. A proba é o nefasto reparto que lle toca a A Mariña nos orzamentos do Estado. O alcalde de Foz leva case tres anos no cargo e non se avanzou absolutamente nada nos asuntos que o Estado ten en A Mariña, basicamente o ferrocarril e a A-74 (autovía entre Barreiros e San Cibrao), catro tramos. Cando el entrou no Concello os tramites administrativos estaban bastante adiantados para os dous primeiros tramos, dende Barreiros a O Carme e dende O Carme ata Fazouro; xa estaban feitas as expropiacións e nestes orzamentos vólvenos tocar o mínimo, eses 100.000 euros mínimos que o Goberno pon para cada tramos, que non serven para nada e que significan a paralización absoluta deste proxecto”.
Os populares lamentan que esta situación de desatención á comarca nos orzamentos do Estado se prolongue xa por tres anos. Castiñeira sinala: “Non escoitamos ao señor Cajoto, nin como alcalde nin como presidente da Mancomunidade, queixarse e ser esixente co Goberno. Pedímoslle que sexa un bo gobernante, que traballe para todos os seus veciños e non unicamente para o partido que o puxo aí”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



