Ribadeo, 6 de outubro de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, remarcou, durante a sesión extraordinaria celebrada este mércores a petición dos populares para resolver a situación do arranxo das escolas das parroquias de Rinlo, Vilaselán e Cubelas que “o goberno do BNG non inviste un euro e, ademais, impide que a Xunta achegue orzamento para Ribadeo”.
“Os colectivos solicitaron en xaneiro unha subvención á Xunta para mellorar os centros sociais que o goberno local tiña abandonados completamente porque non investiu nin un euro en 14 anos. As asociacións fixeron o traballo e a Xunta ingresou xa a contía das axudas, pero o goberno do BNG non lles concede o permiso de obra para comezar as actuacións”, explica o popular. Isto pode supoñer a perda das subvencións, segundo advirte Vega.
O voceiro do Grupo Municipal Popular aclara que “a asociación de Rinlo cumpriu escrupulosamente as bases das axudas publicadas no DOG” e considera “sorprendente que un alcalde diga que non a orzamento para o municipio” e, máis concretamente, “a orzamento para arranxar as escolas”. A este respecto, recorda que “a de Cubelas está sen ventás, en Rinlo chove dentro e en Vilaselán tamén precisan arranxar a cuberta”.
Vega acusa ao goberno local do BNG de “sectarismo político” por “asinar convenios coa Deputación Provincial onde goberna o BNG co PSOE: coa Deputación si, pero coa Xunta non”. Desta forma queda claro que “o discurso do BNG de que a Xunta non inviste en Ribadeo é mentira: o goberno do BNG quere que a Xunta non invista”.
O Grupo Municipal Popular seguirá reivindicando que as asociacións pidan axudas á Xunta para mellorar os seus locais e para levar a cabo eventos lúdicos e culturais que tamén favorece a calidade de vida no noso rural”.
Outros asuntos
Noutra orde asuntos, e no marco xa da sesión ordinaria, os populares apoiaron “por responsabilidade e por compromiso con Ribadeo”, as mocións relacionadas co Plan Rexurbe e co expediente de modificación do ARI que permitirá seguir ampliando a zona. “Cremos e defendemos todas aquelas iniciativas destinadas a poñer en valor o noso casco histórico”, afirmou o voceiro. Nese sentido, a Xunta seguirá aportando orzamento para a conservación dos cascos históricos de Ribadeo e Rinlo aos que leva dirixido 2,15 millóns de euros para a súa conservación.
Os populares amosaron o seu apoio aos traballadores de Vestas. “Non podemos entender como o Goberno de Pedro Sánchez ataca en tan pouco tempo a tantas industrias e, polo tanto, a tantos traballadores da nosa comarca. A situación de Alcoa e, agora, de Vestas débese á política enerxética do Goberno do PSOE”.
Tamén apoiaron os populares ao sector gandeiro a través dunha iniciativa para instar ao Goberno central a que dea marcha atrás na declaración do lobo como especie protexida porque “a súa expansión supón un ataque aos animais das explotacións da nosa comarca. Non podemos entender que o BNG vote en contra dunha proposta que o único que pide é respaldo para os gandeiros. O BNG está máis preocupado en apoiar ao Goberno socialista que aos gandeiros. Son moi nacionalistas, pero cando o PSOE lles recorda que cogobernan nas institucións: la nómina es la nómina”.
O Grupo Municipal Popular tamén votou a favor da proposta do goberno de dotar dun aparcadoiro ao núcleo de Rinlo, advertindo que este proceso “debe facerse dende o consenso e o diálogo cos veciños”.
Os populares trasladaron ao pleno a súa preocupación pola abandono da Casa das Algas, o Forte de San Damián e a Casa da Ría e reclamaron o seu arranxo ante “a pasividade do goberno local: vive moi ben nesa sesta permanente. Iso si, envía moitas cartas ás distintas institucións non sabemos moi ben para que porque as instalacións municipais seguen abandonadas”, condena.
Tamén advertiron do estado de abandono das rúas peonís de Ribadeo criticando ao goberno local por non actuar; xa que “prexudica ao comercio e tamén ao turismo. Ribadeo é moi bonito, pero hai que traballar e investir para conservalo”.
Sobre a falta de control e vixilancia ás horas de entrada e saída do alumnado dos centros públicos de ensinanza, o Grupo Municipal Popular instou ao goberno local a que actúe de inmediato para que a Policía Local estea presente neses puntos.
Vega lamenta que “o goberno local do BNG diga que neste momento non se podía arranxar a falta de alumeado na carretera do Faro a pesar das múltiples caídas que se rexistran na zona. Unhas respostas absolutamente banais”, condena.
A mellora das estradas do rural e das rúas de Ribadeo foron outro dos asuntos que o Grupo Municipal Popular reivindicou no pleno ordinario. “Alza San Lázaro, o barrio San Miguel e o barrio da Pega están totalmente abandonados. Falamos cos veciños e aos tres días o goberno local di que vai investir, pero non concreta un orzamento nin actuacións específicas”.
Outra das melloras que reivindicaron os populares foi a mellora da praia do Cargadeiro, ao que “o goberno local respondeu dicindo que agora é inverno. Hai que ser moi pouco serio para que un goberno municipal que ten tres dedicacións exclusivas banalice coas súas respostas; cando nós traballamos polo ben dos veciños e por mellorar cada día o noso Ribadeo”, conclúe.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



