Burela, 6 de outubro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS está de en hora boa. Grazas á ampliación de aforo en instalacións deportivas marcada pola Xunta de Galicia, a entidade laranxa poderá habilitar novos abonos para a estrea da liga de Primeira Masculina, este sábado, ás 18.30 horas ante Fútbol Emotion Zaragoza.
Ademais, Vista Alegre tamén poderá abrir taquilla ata completar o aforo permitido (5 euros/4-14 anos e 15 euros/maiores de 14 anos).
Opcións para os Socios 2021-2022 de Pescados Rubén Burela FS
As opcións Adulto e Infantil (menores de 14 anos) ofrécenche todas as vantaxes dixitais (Burelafs.tv e APP) e, a maiores, un asento no pavillón. Neste caso deberás elixir a bancada na que che gustaría ter o teu asento:
Fronte: A bancada onde está o palco, que percorre toda a banda da pista (Adulto 110 euros//Infantil 25)
Lateral: A bancada que queda á altura da pista detrás da portería esquerda (Adulto 100 euros//Infantil 25)
Alta: A bancada que se eleva sobre a pista detrás da portería dereita (Adulto 100 euros//Infantil 25)
Alta Online
Poderás formalizar a túa alta como soci@ para 2021-22 ONLINE a través desta ligazón ou na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta).
Como se realizará a selección de asento?
Contacta coa oficina do club (982581815) para coñecer a localización dos asentos dispoñibles e escoller o que máis che guste.
Horario de atención: De luns a venres 9.00 a 14.00 horas


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 


