O día 24 é o adicado á campaña do Domund, este ano baixo o lema “Cuenta lo que has visto y oído”. No Martínez Otero preocupados de que o alumnado estea ao corrente do que acontece ao seu arredor e, botando man do lema, fixéronse a pregunta de que era o que máis lles tiña impactado do que viran ou ouviran nos últimos días ou semanas. A resposta foi masiva desde Infantil á ESO: o que máis os impresionou e segue a facelo é a desgraza que están a vivir na illa de La Palma coa erupción do volcán. É por isto que se acordou que este ano todo o recadado coas aportacións fose destinado a axudar aos damnificados da illa canaria, facéndollelo chegar a través de Cáritas Parroquial de Foz.
O Colexio Martínez Otero de Foz con La Palma
O Colexio Martínez Otero de Foz con La Palma
Relacionado
-
Volve a campaña Euro Solidario, que organizan AciaFozCCA e a delegación local da AECC, coa colaboración do Concello
-
Tomé en Foz: “Hoxe celebramos o día do traballo, a volta de Besteiro e que Pedro Sánchez segue á fronte do goberno”
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional