Lugo, 28 de outubro de 2021. O goberno provincial despreza aos veciños da provincia cando aplica o rodillo ao PP e desatende iniciativas e preguntas que expón no pleno da Deputación para dar voz aos lucenses. Isto ocorreu de novo na máis recente sesión plenaria, como explica o portavoz popular, Javier Castiñeira: “Unha vez máis o equipo de goberno da Deputación non responde con concreción ás preguntas que lle fai a oposición, o Partido Popular, que, en definitiva, son preguntas que fan os veciños”. O goberno deixou sen responder concretamente unha pregunta sobre os centros de día da rede da Deputación que están pechados.
Castiñeira sinalou: “Neste caso, hai veciños de moitas localidades que están preocupados porque teñen residencias da rede da Deputación nas que os centros de día están pechados. Isto ocorre, por exemplo, en Castroverde, cuxo alcalde tamén é deputado provincial socialista e forma parte do equipo de goberno; a mesma situación se dá en moitos outros casos, e os veciños queren saber cando abrirán os centros de día asociados ás residencias da rede da Deputación”.
O portavoz popular lembra que “os centros de día da Xunta están abertos, os municipais tamén están abertos, polo que os veciños queren saber cando abrirán e por que están pechados os da rede da Deputación”. Engade: “O deputado delegado de Política Social volveu responder con evasivas, sen ningún tipo de fundamento. Dixo que as responsabilidades e competencias son da Xunta de Galicia, pese a que as residencias e os centros de día polos que preguntamos son da Deputación. Non é só que o goberno provincial queira bloquear ao PP, pasarnos o rodillo e facer caso omiso a rogos e preguntas; é que fai todo isto aos propios cidadáns da provincia de Lugo”.
Castiñeira sinala: “Todo o que vén do PP, o goberno provincial trata de silencialo. Tamén neste caso e a pesar de que é un asunto moi importante. No PP seguimos á espera dunha resposta concreta a esta pregunta que fan os veciños: Cando abrirán os centros de día da Deputación de Lugo? Ata agora, ninguén do equipo de goberno da Deputación nos quixo contestar?




















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



