O PSOE de Foz, o hoxe Alcalde Fran Cajoto e o Grupo Municipal Socialista comprometéronse nas eleccións municipais a reformar a cafetería do Cento Social, o chamado bar dos xubilados, e dende os primeiros días non deixaron de traballar para facer realidade ese compromiso.
Polas mesmas fechas e dentro do lexitimo dereito de calquera cidadán a formar unha asociación para a defensa dos dereitos que lle pareza oportuno, un veciño de Foz creou a Asociación Central de Jubilados de Foz para reclamar dito local para os xubilados, baseando a súa reclamación en que ese local, cedido ao Concello pola Asociación Pósito Marítimo Terrestre de Foz, era propiedade dos xubilados.
Si ben é certo que no contrato de cesión o Concello asume a obriga de destinalo a “Centro de Servizos sociais con preferencia os da terceira idade”, non é menos certo que dito edificio se dedica precisamente a iso, nel están o Banco de Alimentos, as oficinas de Servizos Sociais e varios colectivos mais de carácter social.
No pasado mandato o ex-alcalde Javier Castiñeira cedeu o local que ocupaba a cafetería, para o que non se lograba concesionario debido ao importante deterioro que sufría a instalación, á Asociación de Discapacitados Virxe do Carme de Foz, polo que actual goberno veuse na obriga de: en primeiro lugar de buscar unha ubicación alternativa para que dita Asociación poida seguir prestando o gran servizo que leva a cabo cos nenos e rapaces discapacitados que forman parte da mesma en un lugar mais acorde coas súas necesidades e, en segundo lugar, a executar unha reforma integral do local para que poida ser empregado como cafetería. Así se dixo dende o primeiro día e nese senso se traballou pese ao constante cuestionamiento por parte da Asociación Central de Xubilados, presidida polo Sr Severino Vaz, con reclamacións ao Defensor do Pobo, que deu a razón ao Concello, manifestacións nos medios de comunicación con acusacións de que non se estaba a facer nada, empapelando o pobo con panfletos chamando mentirosos ao Alcalde Fran Cajoto e á concelleira de Servizos Sociais Ana Rojo e como guinda presentando unha demanda xudicial.
Agora o presidente da Asociación Central de Jubilados anuncia a disolución desa asociación, e retira a demanda xudicial, si ben, dende o PSOE de Foz nos congratulamos de que a Asociación de Jubilados retire dita demanda, non podemos deixar de recordar os meses de faltas de respecto, falsas acusacións e intentos de enganar ao pobo de Foz e aos seus xubilados, de falsos agravios dicindo que todas as parroquias teñen un local para xubilados cando todo veciño de Foz sabe que estes locais son das asociacións de veciños, xubilados ou sen xubilar, de meses tachado de “individuos” e “ocupas” aos rapaces discapacitados e acusando ao goberno de Foz de esconderse detrás deles para prexudicar aos pensionistas. Di o Sr Severino Vaz que o fai por responsabilidade e polo compromiso do Concello de facer as obras no local. Cando menos son curiosas esas declaracións do Sr Vaz, xa que o compromiso estaba vixente dende o primeiro día e así se fixo saber a ese colectivo, curiosas cando fai pouco mais de unha semana o noso pobo aparecía de novo cuberto de panfletos dubidando do proxecto de reforma anunciado polo alcalde e incluso dubidando de onde estaba o local a reformar ou volvendo a acusar de ocupación tanto a Asociación de Discapacitados como ao do Banco de Alimentos, ambos claramente parte do que se pode catalogar como Servizos Sociais dentro do edificio que, na súa cesión, se tiña que destinar a servizos sociais.
O tempo dá e quita razóns, e neste caso queda bastante claro que o Alcalde e grupo socialista tiñan a razón do seu lado e o resto foi unha pataleta de un señor que pretendeu erixirse en portavoz de moitos e quedouse mais solo que a unha.
Maria Luisa Piñeira Núñez
Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE de Foz





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



