Burela, 26 de outubro de 2021. No Boletín Oficial da Provincia foron publicadas as bases reguladoras das axudas ao sector hostaleiro do Concello de Burela, que están destinadas a paliar os efectos da pandemia do covid19. Os hostaleiros dispoñen dun mes para presentar a documentación e os xustificantes de pago das taxas de lixo e de auga correspondentes a novembro e decembro de 2020 e xaneiro e febreiro de 2021. O concelleiro de Turismo e Comercio, Ramiro Fernández, destacou que o equipo de goberno está a cumprir co acordado no seu día co sector hostaleiro. A contía destinada a estas axudas é de 30.000 euros.
Fernández Rey contou que “saen publicadas no Boletín Oficial da Provincia as bases reguladoras das axudas para o sector da hostalería no termo municipal de Burela, para paliar os efectos da pandemia. Son unhas bases que tíñamos comprometidas xa hai tempo co sector, despois de falar con eles, e constan basicamente de eliminarlles o pago da taxa de lixo e de auga durante 4 meses”.
O concelleiro de Turismo e Comercio explicou que “están a disposición dos interesados na sede electrónica de Burela, onde poden baixar os impresos que hai que cubrir. O importe total das axudas vai ascender a 30.000 euros e para ser beneficiario da axuda evidentemente hai que cumprir coa lei estatal de subvencións públicas”.
O edil burelés subliñou que “o que se vai subvencionar neste caso é o último bimestre do ano 2020, novembro e decembro, e o primeiro do 2021, é dicir xaneiro e febreiro. O único que hai que facer é presentar o xustificante de pago desas facturas de auga e de lixo e automaticamente xa, en canto poidamos, resolveremos e devolveremos eses cartos que se gastaron en auga e lixo para todo o sector hostaleiro e de ocio nocturno de Burela”.
Ramiro Fernández insistiu en que “isto era un compromiso do equipo de goberno cos hostaleiros. En varias reunións que mantivemos con eles foi o que acordamos”. O edil burelés aludiu tamén á exención das taxas das terrazas e ás axudas ao comercio.
E lembrou: “temos que recordar que sacamos unhas axudas para o comercio no seu día. Isto é froito do diálogo e da negociación con este colectivo e esperamos que estas axudas sirvan para paliar os efectos desta tremenda pandemia que vimos de pasar. Os trámites administrativos retrasaron a súa publicación, pero xa poden solicitalas e teñen un mes para facelo a partir de hoxe”.





















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



