Unha xuíza de Marbella decide retirarlle a custodia á nai dun pícaro e no argumentario cita como algo a ter en conta o vivir na ‘Galicia profunda’. Entende, ademais, por ‘Galicia profunda’ a zona das rías baixas. A cousa quedaría nunha sinxela anécdota se non fora pola súa realidade e significado.
A resposta ó conflito xudicial pasa segundo parece, a xuízo da xuíza, por que o rapaz, dun ano de idade, consiga ser feliz. E iso, por afastar ó pícaro dunha zona non urbana (de Galicia) para permitirlle ser feliz nunha ‘cidade cosmopolita’ como a Marbella dos pelotazos e luxos. Por iso, e non por seguir os consellos da Ética a Nicómaco de Aristóteles.
É posible que algúns xuristas estean de acordo coa xuíza, mentres outro grupo rexeite a decisión, é posible que o argumentario legal estea ben estruturado, é posible… pero coido que, aínda deixando a unha beira a legalidade e as implicacións para o conxunto e cada un dos integrantes da ex-familia hoxe en loita interna, a cousa vai máis aló noutras direccións.
Hai tempo xa que levo tentando poñer en orde as miñas ideas sobre o que chaman a ‘España baleirada’ e poñer algún gran de area no que a Galicia corresponde, como tentei facer no artigo ‘Loita contra a España baleirada’. Esta nova ven axudarme a compoñer o crebacabezas. Imaxínome na cabeza da xuíza, seguindo os seus pensamentos. Incluiría esa intromisión na súa cabeza a vista dun descoñecemento non só do que é a felicidade (allea) ou os intentos de medila, senón tamén dos servizos que pode ofrecer a Galicia rural ou as posibilidades para un neno. Pero tamén incluiría outras cousas. Dende os prexuízos urbanitas (soe falarse de ‘madrileños’, mais é evidente, e este caso o amosa, non se trata, ou ao menos, non só se trata, dos ‘madrileños’) ata o descoñecemento que nos indicadores educativos a rural Galicia está por diante de Andalucía, ou que a cita de centros educativos públicos e privados, máis aló de como se en Galicia non houbera de ambos, está a meter polo medio cousas como o fincapé nos recursos privados. E aínda pasa tamén porque o desemprego en Galicia e en Andalucía, segundo a última táboa coas taxas de paro publicadas polo INE amosan que a provincia malagueña, onde se atopa Marbella, case duplica en dita taxa á da Coruña…
As ‘terras baleiradas’, aínda tendo unha densidade de poboación como a muradá, equivalente á media española e próxima á ribadense, teñen mala prensa. Iso de ser ‘de pobo’ -xa non digamos ‘de aldea’- segue a ser visto por quen ten poder nas grandes vilas como algo a desprezar. Ós problemas derivados do aumento continuo da complicación das redes humanas e tecnolóxicas de todo tipo, que favorecen a concentración de poboación, foron só unha suma de algo que viña sucedendo dende hai moito tempo, mesmo moito antes da emigración obreira ás cidades: os primeiros en marchar querendo foron os nobres á corte, converténdose no equivalente naqueles tempos ó que hoxe chamaríamos ‘urbanitas’, integrando ese desprezo polos vasallos rurais nunha xustificación ó seu servilismo.
Volvendo ó tema, serán os pícaros marbellís máis felices que os galegos só por vivir alí entre rañaceos (os que vivan) e non aquí entre árbores (asemade, os que vivan)? Unha xuíza parece estar convencida de que si. Non coñezo ningún dato comparativo sobre o tema entre Galicia e Andalucía, pero se serve de algo, si parece haber acordo en que un ambiente menos estresante -como o rural en relación ó das cidades- favorece que os pícaros e os maiores sexan máis felices.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



