Lugo ten mar. O mar, que dirían os pescadores que habitan o meu pobo mariñeiro de Celeiro. O mar de Lugo, ten un nome encantado como moitas das tradicións desta terra chamada “A Mariña”.
A nosa comarca, ata a transición española, foi unha terra de pescadores, gandeiros, agricultores, e algún precursor que explotaba o noso agora crecente sector forestal. Unha estampa de pobos pequenos ás beiras do mar, e unha cabeceira de comarca en Viveiro como pequeno motor comercial.
Fai xa corenta anos, unha decisión do goberno español, transformou para sempre a vida dos nosos país. Deseñouse e construíuse un complexo industrial moderno e innovador, para a produción de alúmina e aluminio primario. Centos de persoas traballaron na súa construción e miles delas deixaron os seus empregos no mar e en terra para subirse ao carro do progreso.
Os noso país e nais, uns na fábrica, outros no mar ou no campo, traballaron sen descanso, día a día, para ver medrar ás súas fillas e fillos en vilas e pobos prósperos e con futuro. E conseguírono.
Pero A Mariña, tivo un grande problema histórico: Os nosos gobernantes. Os de aquí, e os que dende aquí, enviamos a Santiago ou a Madrid, eles, falláronnos.
Durante os primeiros anos da fábrica de aluminio, prometeron a construción dun tren de laminado, para pechar o ciclo produtivo, e nunca chegou. Dixéronnos, que apostaban polo sector pesqueiro, e foron os pescadores os que tiveron que xuntar as súas forzas e arriscar as súas vidas e familias, para construír lonxas de vangarda e primeiro nivel. Prometéronnos unha autovía de primeira, e construírona, pero esqueceron que Lugo ten mar, eles dende Madrid, e os nosos alcaldes dende aquí, condenáronnos a un futuro sen comunicacións. Tamén nos prometeron un tren, e témolo, o único tren do mundo que non comunica.
Fallaron, non o viron vir. A falta de altura de miras, o localismo esaxerado e a falta de unidade permitírono. Hoxe a nosa comarca sofre a incerteza da desindustrialización, sen conexión por estrada, sen tren, sen un porto comercial de referencia, e o que é peor, sen ningunha alternativa. Estamos na encrucillada e baixo a tormenta perfecta.
Alcoa, que da traballo a 2000 persoas, entre a planta principal e auxiliares, quérenos deixar, a multinacional xa conseguiu o que quería. Altos beneficios a baixo custo, durante os máximos anos posibles.
Por outro lado, Vestas, xigante eólico, tamén nos quere deixar, da traballo a 115 persoas, na única fábrica de produción eólica de toda a provincia. Conseguiron o que querían, altos beneficios a baixo custe.
A Mariña supón o 25% da poboación provincial. A provincia ten 4 deputados no Congreso, é dicir, correspóndenos un deputado. É o que se xogan, un deputado de 350 a repartir entre as grandes forzas políticas do Estado(Así sucedeu en todas as elección, agás nunha). Pode ser determinante, pero están demostrando, que para eles, non é relevante.
Levamos dous anos agardando unha solución e un acordo entre a SEPI e a empresa Alcoa, para a intervención e compra por parte do Estado da fábrica e a súa posterior venda a un grupo industrial. Hai mala fe por ambas partes, a empresa defende os seus intereses e o Estado di que si que quere, pero logo fai o contrario, ou mellor dito, non fai nada. Pola empresa Vestas, xa nin preguntan.
Hoxe, a comarca sae á rúa, as empresas da zona, o comercio, a hostalería, e os traballadores camiñan por fin xuntos e unidos, e claman por un futuro industrial para A Mariña. É a dignidade dun pobo fronte aos que nos fallaron, e o único que pretenden é conseguir un triste deputado.



















No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.



