Vegadeo, 27 de novembro de 2021. O escritor Nicolás Fernández Suárez del Otero, que reside en San Cibrao (Cervo), presentou a súa primeira novela no seu concello natal, Vegadeo, este venres. A obra, que se titula Aguafuerte en gris, foi editada por Lareira Libros, de Viveiro, e xa está á venda na web www.libroslar.com.
O acto, que se celebrou na Casa da Cultura, congregou a numeroso público e, ademais do autor do libro, interviñeron a concelleira de Cultura no Concello de Vegadeo, Arantxa González; o catedrático de Lingua e Literatura española José Antonio Fernández Vior, que é o autor do prólogo da novela; e a escritora Belén Rico Prieto. En representación da editorial Lar Libros asistiron Pablo Pérez e Manuel López.
Nicolás Fernández Suárez del Otero naceu en 1948 en Vegadeo, a 500 metros da liña divisoria con Galicia, e conta: “desde niño hablé castellano y castrapo, o sea un gallego descafeinado del pueblo llano. Y siempre me sentí, como mi padre, más gallego que astur. A los 19 años me examiné de Preuniversitario en Oviedo, ya trabajando como educador titulado en Colegios Menores de Juventudes. De ahí me ofrecieron incorporarme a la Universidad Laboral de Cheste (Valencia), que fue el mayor complejo de internado del mundo, con 5.000 alumnos. Y durante 42 años, once meses y un día tuve el privilegio de dedicarme a la enseñanza, tarea que me apasionó desde niño. Me licencié, también trabajando, en Geografía e Historia en la Universidad Complutense de Madrid”.
O escritor engade: “mi primer premio literario lo obtuve a los veinte años, por un cuento titulado Aquel inválido. Otros galardones posteriores me facilitaron el acceso a colaborador habitual de diversos medios, entre ellos Diario-16 / La Región de Castilla la Mancha, El Día, El Independiente, Teletoledo y, esporádicamente la SER y Cadena RATO. Los galardones más preciados fueron el Cervantes de la Universidad Popular de Castilla la Mancha, en tres ediciones diferentes, y el Primer Premio Internacional de Escritores en Castellano, por Paisaje interior. Fui miembro de la Asociación Internacional de Periodistas de Prensa, Radio y TV. Y dirigí la revista Toledo Magazín hasta su cierre”.
Para finalizar Nicolás Fernández comenta: “vivo y espero morirme en San Ciprián, mi actual y venturoso lugar en el mundo, donde eché el ancla a mediados de octubre de 2020. Y en la Mariña Lucense se pone de largo mi novela Aguafuerte en gris, tras veinte años de trabajo a corazón abierto”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


