Lugo, 9 de novembro de 2021. Esta fin de semana ADEGA organiza unhas xornadas no Concello de Muras para dar a coñecer o patrimonio cultural e ambiental galego, sendo os muros en pedra seca elementos característicos das paisaxes cercadas, e pezas de gran importancia na conservación da biodiversidade. As diferentes tipoloxías e materiais, propios de cada zona, conforman a nosa paisaxe e identifica os usos tradicionais do solo, sendo a técnica de construción de pedra seca Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade segundo a UNESCO.
As actividades distribúense en dúas xornadas matinais:
Sábado 13 de novembro (Concello de Muras):
09.00 Saída do autobús dende Maxisterio (Lugo)
10.30 Seminario no Local Social (Rúa Enrique Guzmán, Muras) “Aproximación ao patrimonio cultural e natural dos valados, na paisaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño”.
Mercedes Máquez, Grupo de investigación da escola galega da paisaxe Fundación Juana de Vega
Ricardo Polín, Doutor e investigador dos camiños históricos
Xoán Ramón Vidal Romaní, Instituto universitario de xeoloxía da UDC
Ramsés Pérez, ADEGA
12.30 Roteiro interpretativo.
15.00 Xantar de convivio no local Social
17.00 Volta do autobús
Domingo 14 de novembro (Concello de Muras)
9.00h Saída do bus dende Maxisterio (Lugo)
10.30 Obradoiro formativo de reconstrución coa técnica de xunta seca, dun muro situado no Camiño das Ucheiras no Concello de Muras. Contaremos co artesán José Luis Canteiro que nos ensinará a preparar e colocar a pedra. Prazas limitadas a 20 persoas
15.00 Xantar de convivio no local Social
17.00 Volta do autobús
Haberá servizo de autobuses de balde dende Lugo e petiscos ao rematar as actividades.
As persoas que queiran asistir as xornadas teñen que rexistrarse antes do xoves 11 a través do formulario (bit.ly/xornadasvalados) aloxado na web de ADEGA (www.adega.gal).
Estas xornadas están organizadas ao abeiro da Subvención da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico deste territorio na anualidade 2021.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



