Celebramos este venres 10-D o Día Internacional dos Dereitos Humanos nun intre no que os tres anos e medio de Goberno Sánchez non achegou avance ningún na normativa do Estado ao respecto.
Ollemos primeiro cara ao Código Penal (CP) español. Existen nel, arestora, delictos que xa non existen nos CP da Europa democrática, do que Rajoy chamaba países serios, mais non copiaba deles. A sedición que fixo primeiro vulnerar os dereitos fundamentais dos presos políticos cataláns e despois botalos ao cárcere é un delicto contra a orde pública que non conta con correspondencia ningunha na Europa democrática. Canto ás inxurias á Coroa permiten prender persoas que só desenvolven unha crítica política, contra da doutrina do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) que é a nosa máxima autoridade xudicial neste eido.
En setembro, nestas mesmas páxinas, denunciamos a inactividade do PSOE e da UP para derrogar a “lei mordaza” e darlle á vixente Lei de Seguridade Cidadá (LSC) unha organicidade democrática. Agora presentaron unha iniciativa que nos fará voltar á lexislación 2015 só nalgunhas das cuestións obxecto de debate, sen lle dar ese enfoque orgámico e global aos problemas da LSC.
Unha democracia avanzada ten de defender os dereitos das persoas, mesmo a expresión dunha opinión colectiva de discrepancia radical, proa a quen lle proa, sempre que se desenvolva por medios pacíficos. Nesas cicunstancias a policia non pode reaccionar senón hai danos ou riscos graves para as persoas, os servizos públicos ou o patrimonio público e privado e, mesmo nesas circunstancias, medíndose moito dentro dos criterios da proporcionalidade.
Quen, logo dunha reforma desta caste, agreda fisicamente ás forzas policiais habería pagar polos seus actos, mesmo cunha penalidade agravada, mais non tan gravosa como as dos vixentes e desproporcionados (en termos europeos) delictos de atentado, resistencia ou desobediencia do CP vixente.
Por outra banda, cando as ordes xurisdicional penal ou contencioso-administrativa xulguen procesos no eido da seguranza cidadá os relatorios dos policías e outras Autoridades ou axentes da Autoridade haberían ser avaliados de xeito conxunto co resto das probas, sen lles dar ningunha caste de presunción, senón considerándoas manifestacións de funcionarios neutrais e especializados que, porén, haberán de enfrontar as regras xerais de análise da proba, mais que non poderán prexulgar de xeito ningún o resultado do proceso.
Esta reforma parcial da CP e da LSC só precisa dunha lei orgánica que as modifique, para o que abonda coa maioría da investidura de 2019. Se non o fan o PSOE e a UP é que non queren ou non son quen a facelo.




















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



