Lugo, 22 de novembro de 2021. A suba dos prezos da enerxía eléctrica e dos materiais da construción, froito da disparatada política enerxética do Goberno central, crea graves dificultades aos concellos, máis aínda debido a que a Deputación eliminou a posibilidade de prórrogas no Plan Único. A vista da actual situación, o portavoz provincial, Javier Castiñeira, sinala: “Pedimos ao goberno bipartito que convoque canto antes a todos os alcaldes da provincia para dar solución a este asunto; que chame tamén aos grupos da corporación provincial e que programa un plan de choque real, con medidas económicas adicionais para tratar de compensar a suba dos materiais de construción e da enerxía, ademais de medidas alternativas para flexibilizar a xustificación e evitar a perda de subvencións”. Os populares demandan tamén “un compromiso claro do presidente da Deputación para incrementar nos próximos orzamentos o Plan Único 2022, para tratar así de corrixir as consecuencias da nefasta estratexia do Goberno central con respecto á enerxía”.
Castiñeira lembra que os populares “levamos meses, incluso anos, avisando de que a nefasta política enerxética do Goberno influiría na subida dos prezos; a actualidade dános a razón”. Á vista das circunstancias, o PP pide “á Deputación de Lugo que non permaneza impasible diante deste problema, no que novamente vai chegar tarde, e que non esqueza que falamos dun problema que afecta a todos os concellos de Lugo, tanto pola suba dos prezos da enerxía como dos materiais de construción”.
O portavoz popular explica: “Recibimos queixas dos concellos porque teñen problemas para contratar obras, tanto do Plan Único 2021 como para poder xustificar as do 2020. Os concellos quéixanse de que, aínda por riba, o goberno provincial eliminou nas bases para este ano as prórrogas que eran tan necesarias; sempre, e máis agora. O feito de que non estean previstas prórrogas agrava a situación actual e no futuro próximo; este asunto debe ser reestudado, como queren os propios concellos”.
Castiñeira sinala: “A falta de previsión do goberno provincial diante deste asunto tan grave, a inacción que está a ter e o anuncio de conxelar o Plan Único fannos pensar que se poida dar un atranco na obra pública na provincia de Lugo”.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



