Comezará ás 20:30h. Reserva de entradas (de balde): De luns a xoves, no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. Horario taquilla: unha hora antes da función

Arestora son 1038. Destes, 37 están en hospitalización: 26 no Hula. 4 no Hospital da Mariña. 6 no Hospital de Monforte.
O obxectivo é recoller residuos abandonados das contornas naturais e sensibilizar sobre esta problemática desde a propia acción, implicando aos aloxamentos membros de Rusticae, aos seus hóspedes e ás comunidades nas que se sitúan.
A artista barreirense Olivia Canoura ven de presentar a súa primeira novela Mientras dure la noche, un relato de relatos narrados no marco dunha noite de tormenta, que recende castañas asadas e no que as sombras que se moven de esguello entre os panos da noite se tornan protagonistas. Relatos de infancia que se transforman en realidade na súas palabras ó memos nivel que nos seus debuxos. A presentación do libro tivo lugar este pasado sábado na Biblioteca Municipal de Barreiros, nun ambiente cercano e familiar nos que os asistente puideron desfrutar dun edificante intercambio coa autora.
Será a partir das 17h nas escolas, con merenda infantil e para maiores, música tradicional e circo. Haberá servizo de bar
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, sumouse á reivindicación do papel da muller no arte, con figuras como a universal artista vivairense Maruja Mallo, que "aínda hoxe constitúe un exemplo para todas as mozas e mulleres", segundo sinalou. A subdelegada acompañou á alcaldesa María Loureiro e á exvicepresidenta do Goberno e actual presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso dos deputados, Carmen Calvo, que foi a encargada de clausurar, esta mañá, o ciclo de conferencias "Maruja Mallo, Viveiro e a vangarda do século XX".
A promoción de 2º de Bacharelato deste ano 2022, formada por 58 alumnos/as recibiu unha pequena homenaxe no salón de actos do instituto e posteriormente confraternizaron nunha cea de alumnado e profesorado. Desexámoslles toda a sorte do mundo nesta nova etapa.
A presunta autora supostamente tras acceder ás caixas de correos, substraiu do interior dun deles as chaves dunha vivenda, á que supostamente accedeu, levándose varios enseres. Así mesmo a presunta autora realizou danos diversos a vehículos estacionados no garaxe do mesmo edificio e nunha das terrazas do inmoble, onde supostamente provocou un incendio. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital