Foz, 19 de novembro de 2021. O Concello de Foz iniciou as obras de construción dunha nova edificación no peirao de Foz, anexa á Aula de Seguridade Vial. “Este novo espazo servirá para que a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme teña as mellores instalacións para a gran labor que está a facer”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, destaca a satisfacción das familias que atende a asociación: “aos talleres habituais poderán engadir o cultivo dun horto con diversas plantas e hortalizas nas zonas verdes deste espazo, unha maneira máis de afondar na integración que promove a súa mestra Carolina. E todo isto fronte á nosa ría, nun punto privilexiado”.
O rexedor municipal explica que “os traballos avanzan a bo ritmo. O próximo luns remataranse as cimentacións do edificio, anexo á Aula de Seguridade Vial. Estas obras son un compromiso adquirido e cumprido coa Asociación de Discapacitados Virxe do Carme e con todas as xubiladas e xubilados de Foz. Contaremos de novo co bar dos xubilados e as persoas con discapacidade intelectual do noso concello terán un sitio axeitado e ben acondicionado no que facer os seus talleres e sentirse parte do noso pobo. Estamos desexando ver as obras terminadas”.
A construción da edificación anexa á Aula de Seguridade Vial está financiada con fondos propios do Concello de Foz e foi adxudicada por un importe de 58.834,39 euros.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



