
U
Lugo, 29 de novembro de 2021. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado da Xunta na provincia, Javier Arias, participou na mañá de hoxe da presentación da Futsal Women’s European Champions na que competirá o Pescados Rubén Burela FS do 2 ao 5 de decembro no Pazo Provincial de Deportes. No acto que tivo lugar no Hotel Torre de Núñez, o mandatario galego asegurou que “falar de fútbol e Champions é falar do deporte galego” e recordou os éxitos de Lucas Vázquez, tres veces campión da Champions de fútbol, de Vero Boquete, primeria campioa española da Champions de fútbol feminino ou de Pola, dúas veces campión da Liga de Campións de fútbol sala. Neste sentido lembrou a vitoria do Burela no 4 Nations Futsal de Milán d e 2019 e amosou o seu convencemento de que as ‘Guerreiras laranxas’ se volvan a alzar cun novo triunfo internacional nesta da Futsal Women’s European Champions.
O secretario xeral mandou unha mensaxe de igualdade a todos os nenos e nenas aos que animou a imitar o exemplo dos referentes galegos no fútbol, porque para ser campión de Europa “tanto ten seguir os pasos de Lucas Vázquez ou de Pola como de Vero Boquere ou de Peque”.
Precisamente, Lete Lasa lembrou os grandes éxitos do Burela no ano da pandemia no que gañou todos os títulos que disputou -Liga, Copa e Supercopa- e que ademais, foi nomeado como o mellor equipo do mundo coa xogadora Peque, como a segunda mellor e o adestrador Julio Delgado, tamén como o segundo mellor do mundo.
O responsable da carteira autonómica de Deporte subliñou a importancia de que unha competición tan importante como a Futsal Women’s European Champions, que conta co selo da UEFA, recale en Lugo, o que demostra que, “ademais dos mellores deportistas e clubs, contamos cos mellores organizadores de eventos deportivos e cos mellores campionatos”. Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia patrocina este evento con 25.000 euros.
Futsal Women’s European Champions
O Futsal Women’s European Champions contará cos equipos de MFC Normannochka (Rusia), ZNK Osijek (Croacia) e Pescados Rubén Burela FS (España), encadrados no Grupo A, e de Benfica SL (Portugal), WFC Tesla (Ucraína) e Futsal Pescara Feminile (Italia), encadrados no Grupo B. O vindeiro xoves 2 de decembro, a competición dará comezo cos partidos entre o Benfica e o Tesla (17,30) e entre o Burela e o Osijek (20,00). A final será o vindeiro domingo 5 ás 13,00 horas entre os gañadores dos dous grupos.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



