A Coruña, 30 de novembro de 2021. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, celebrou hoxe o acordo do Consello de Ministros que garante a aportación de 2,3 millóns de euros por parte do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para a execución dos Plans de Sostibilidade Turística nos destinos da Mariña de Lugo e Ourense Termal. Os dous plans mobilizarán un investimento total superior aos 5,3 millóns de euros sumando as aportacións da Comunidade Autónoma e das entidades locais nas que se desenvolverán as iniciativas dos mesmos.
José Miñones enmarcou esta resolución no compromiso do Goberno de España coa promoción turística de Galicia, que xa suma este ano 60 millóns de euros en diferentes programas e liñas de investimento. En concreto, o Plan Turístico Nacional Xacobeo 2021-2022, que contempla un investimento de máis de 25 millóns de euros para impulsar os Camiños de Santiago en Galicia aos que se suma unha partida de 3 millóns de euros do Programa Impulsa Patrimonio para a cidade de Santiago.
Ademais, Galicia recibirá 29,38 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para impulsar a transformación dos destinos turísticos e facelos máis competitivos e máis resistentes ante futuras crises.
Por outra banda, José Miñones lembrou que está pendente de resolver a convocatoria extraordinaria de Plans de Sostibilidade Turística, financiada con cargo ao Plan de Recuperación. Esta resolución permitirá sumar novos destinos aos dous aprobados hoxe polo Consello de Ministros. Neste punto, o delegado lamentou que a Xunta estea a presentar os destinos escollidos cando a convocatoria segue sen resolver.
.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



