Ribadeo, 30 de novembro de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, subliña o éxito dos obradoiros de elaboración de queixo que foron impartidos durante tres xornadas na Escola Pedro Murias para un grupo de 50 nenas e de nenos do Ceip Gregorio Sanz co obxectivo de achegalos ao sector primario. A actividade foi organizada polo Concello, que á volta das vacacións de Nadal retomará estes obradoiros aos que se poden anotar os centros de ensino que o desexen.
O rexedor dixo que “con notable éxito se foron desenvolvendo estes pequeniños obradoiros que fomos organizando desde o Concello cos colexios e cos aproximadamente 50 nenos e nenas, que durante estas xornadas estiveron aprendendo, da man dos profesionais que traballan en Pedro Murias, como se fan os queixos. É unha maneira de achegarse para eles ao sector primario e a estes procesos, que son descoñecidos pero que deberan ser tan naturais, pero realmente non o son a día de hoxe”.
Fernando Suárez sinalou que “ademais isto danos moita ansia porque sabemos que se foi propagando a idea e outros nenos e nenas tamén queren vir a estes cursos, polo que vamos promover outra serie deles á volta do Nadal, para que outros nenos e nenas, dese centro ou doutros que se queiran anotar, tamén poidan aproveitar estas instalacións de Pedro Murias, que moitas veces están infrautilizadas. De feito o Concello de Ribadeo forma parte dun padroado da Fundación Pedro Murias, que está caducado desde hai un tempo, aínda que desde hai varios anos lle estamos indicando á Consellería de Medio Rural a necesidade de traballar en conxunto para facer moitas cousas que se poden levar a cabo neste centro educativo para que esta xuventude se achegue un pouquiño máis ao noso sector primario, moitas veces vilipendiado pero tan produtivo e tan cheo de posibilidades e de esperanza”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



