Ribadeo, 15 de decembro de 2021. As bandeiras do Concello ondean a media asta como mostra do pesar do pobo de Ribadeo polo pasamento de Víctor Moro. O economista e ex director do Banco de España en Cataluña faleceu hoxe aos 95 anos de idade.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “lamentamos a súa perda. Víctor Moro, ribadense de nacemento, sempre estivo moi vinculado á nosa vila a onde acudía con certa frecuencia”.
Víctor Moro fora nomeado Fillo Predilecto de Ribadeo o 2 de setembro de 2012. O rexedor destacou no discurso pronunciado esa xornada que “mención especial debe ter o seu compromiso con este Concello que o quere laudar e coa súa Ría, a Ría de Ribadeo que, sendo de todos e todas, divide administrativa e teoricamente unha realidade que as xentes de ambas as beiras se encargan de borrar no decorrer do día a día, compartindo relacións comerciais, lingua, cultura e tradicións. Neste caso, o Sr. Víctor Moro Rodríguez foi e é un activo defensor da legalidade, recoñecemento e difusión do topónimo histórico, legal e vixente Ría de Ribadeo”. E engadía: “así pois, logo de toda unha vida, queda patente a súa implicación e relación de amor profundo a esta terra que o viu nacer, que o fai merecente do nomeamento como Fillo Predilecto de Ribadeo. Este recoñecemento viráselle engadir a outros tan excelsos como a Orde do Mérito Constitucional, a Cruz do Mérito Naval, ou a Creu de Sant Jordi, entre outros, méritos todos estes que non podemos desmerecer aínda que ningún deles seguramente teña o significado emotivo e agarimoso como o que lle recoñecemos nós como “profeta na súa terra”, e é por isto que a Corporación Municipal que me honra presidir, outorgou o pasado xoves, por unanimidade, o título de Fillo Predilecto de Ribadeo a D. Víctor Moro Rodríguez”.
En sinal de loito polo pasamento de Víctor Moro as bandeiras do Concello de Ribadeo ondean a media asta.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



