Ribadeo, 22 de decembro de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, ven de enviar unha nova carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na que lle lembra que hai máis dun mes lle mandou un escrito valorando de xeito positivo a proposta de actuación sanitaria na vila, pero que ata o día de hoxe nada máis soubo da administración autonómica. O rexedor considera que “estes procesos levan tempo, e aínda que nos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2022 non vemos que haxa consignación algunha para un centro de saúde en Ribadeo, pola nosa parte non ha de quedar o de ir buscando e argallando unha solución real e posible”.
O alcalde ribadense dixo que “o certo é que hai máis dun mes que lle mandamos un atento escrito valorando positivamente esa proposta de actuación sanitaria en Ribadeo. Como resumo daquel documento, pediámoslle ao conselleiro o reforzo inmediato dos cadros de persoal do centro de saúde, dado que a situación destes últimos anos se está convertendo en endémica e as queixas da veciñanza pola falta de profesionais é sistemática, día a día. Tamén lle suxeríamos que estudaran a posibilidade de adaptación do actual edificio do centro de saúde pero que en todo caso, se non o consideraban así, pola nosa banda ofrecíamos colaboración para buscar unha solución a esa petición de terreos necesarios para a construción dun novo centro de saúde, que eles cifraban nuns 2.500 metros cadrados. Tamén no seu momento, o conselleiro indicaba que o seu persoal técnico se podería achegar aquí a Ribadeo para visitar e para avaliar, xunto cos técnicos municipais, aquelas parcelas que puideran cumprir as necesidades técnicas que se requiren”.
Fernando Suárez indicou que “despois de todo isto e despois do escrito enviado hai máis dun mes, a día de hoxe non soubemos nada máis. Ninguén nos chamou, ninguén veu por aquí, a pesar de que telefonicamente eu contactei co seu equipo técnico para dicirlle que estábamos aquí á súa disposición. Eu non sei se é que agora non veñen porque estamos no Nadal, porque hai o cambio de ano ou polo que sexa. Pero, en todo caso, aquí estamos para cando queiran, cando queiran ver e avaliar as posibilidades técnicas porque, como xa lles dicimos, o Concello de Ribadeo non é titular dun terreo desas características, desa superficie que eles nos requiren en ámbito urbano, pero que isto non é óbice para que non poidamos buscar unha solución”.
O rexedor engadiu que “afortunadamente temos aprobado, desde hai uns poucos anos, un Plan Xeral de Ordenación Municipal que contempla varios polígonos urbanísticos que, aínda que non se atopan desenvoltos polos seus propietarios, si que puideran ser obxecto de estudo pola administración municipal para ver se podemos impulsar o desenvolvemento dalgún deles. E é evidente que estes procesos levan tempo, pero en todo caso non vemos que nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2022 haxa ningunha consignación para un centro de saúde en Ribadeo, pero pola nosa parte non ha quedar o de ir buscando e ir argallando unha solución real e posible. Así que, polo tanto, enviámoslle este novo documento para dicir que aquí estamos para cando así o desexen”.






















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



