Viveiro, 20 de decembro de 2021. José Luis Llano Murias, asturiano natural do municipio de Boal e afincado actualmente en Navia, é o gañador do certame fotográfico por Gráficas LAR, de Viveiro, para o seu calendario do ano 2022, que xa está editado. Nas anteriores edicións deste concurso o premio, de 300 euros en metálico, foi para fotógrafos de México, Bilbao e Alicante.
O inicio do Calendario LAR remóntase ao ano 2010 cunha variada galería do destacado fotoxornalista galego Xosé Abad. Nas súas primeiras edicións a autoría das fotos do calendario decidíase entre amigos e colaboradores da imprenta Gráficas LAR sen existir un certame. Desta forma participaron fotógrafos profesionais como Xulio Villarino (2011) e Jaime Pola (2017), afeccionados como José López (2012), Eugenio Álvarez (2013) e Dani KXT (2016) e mesmo houbo colaboracións coa asociación de fotógrafos afeccionados Os Negativos, de Viveiro (2014).
Os responsables de Gráficas LAR explican que “no ano 2017 celebrouse por primeira vez o certame fotográfico FOTOLAR, sendo nesta primeira edición dedicado á Natureza e con doce autores diferentes de todo o planeta. Pero a partir do ano 2018 optouse por un formato monográfico, onde un só fotógrafo debería ser o autor das doce fotos e baixo unha única temática determinada. Un exitoso formato onde cada ano participan unha media de medio centenar de fotógrafos de todo o mundo e cun premio de 300 euros en metálico, a autoría do mesmo e un lote de calendarios en formato parede e sobremesa. A selección das obras é sinxela e imparcial: cinco fotógrafos son elixidos pola dirección de Gráficas LAR para a súa valoración polo xurado, que está formado polos sete últimos autores do calendario que valorarán as cinco galerías baixo un simple e obxectivo sistema de puntuación, que ditamina o gañador do Concurso FOTOLAR”.
Os organizadores do certame engaden que “na primeira edición do concurso de fotografía FOTOLAR a temática proposta foi Viaxar e o premio viaxou ata México coa autoría de Eliud Gil Samaniego. No 2019 un calendario dedicado ao deporte coroou a Pedro Ajuriaguerra (Bilbao) e o pasado ano a Alfonso Bejar Manda (Alicante), cunha variada colección de imaxes de paisaxe urbana. Nesta última edición a autoría do calendario foise para terras próximas: José Luís Llano Murias, asturiano afincado en Navia e natural de Boal con doce preciosas imaxes de temática macro e enfocadas ao mundo da entomoloxía. Parabéns!”.
José Luis Llano, que ten 42 anos, é afeccionado á fotografía desde hai máis de 13, cando comprou a súa primeira cámara. É autodidacta e, respecto ao premio do Concurso Calendario FOTOLAR 2022, comenta: “supone mucha satisfacción. Yo soy un fotógrafo aficionado que no suelo participar demasiado en concursos y viendo además el nivel que había porque participaron fotógrafos de muchos países, incluso de Rusia, no me lo esperaba en absoluto y estoy muy satisfecho. En este caso me presenté porque un amigo de la zona de Viveiro me avisó de que la gente de Gráficas LAR convocaba este concurso de fotografía macro, que además a mí me gusta, y me animó a participar. Así lo hice y al final hubo suerte”.
Gráficas LAR anuncia que “o Concurso Calendario FOTOLAR 2023 comezará en marzo de 2022 e xa vos adiantamos a temática: fauna. Sen dúbida ofreceranos un sorprendente calendario co que esperamos adornar moitos fogares e oficinas”.
























Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



