A Mariña, martes 7 decembro 2021. O BNG vén de presentar en Viveiro a campaña “Mellor Local, Mellor Galego” de apoio ao comercio de proximidade, unha campaña que se contextualiza tamén na situación que atravesa a comarca e na pandemia da Covid-19 que deixou ao descuberto “a importancia e a necesidade de apostarmos polo comercio local de proximidade nunha comarca donden temos unha terra e un mar únicos que producen alimentos de extraordinaria calidade” tal como afirmou a portavoz nacionalista en Viveiro Miriam Bermúdez no acto de presentación no que estivo acompañada polo deputado Daniel Castro e o responsable da organización na Mariña Antonio Veiga.
Comprar na Mariña é Futuro para A Mariña
Miriam Bermúdez incidíu na situación que atravesa o sector do pequeno comercio debido tamén á pandemia Covid-19 que a agravou poñendo en perigo a viabilidade de moitos establecementos que xeran moitos postos de traballo en Viveiro e na Mariña, “polo que o mellor apoio que podemos darlle agora ao sector é comprar no comercio local de Viveiro, no comercio de proximidade mariñao, porque eso é Futuro para A Mariña”, afirmou.
Desde o Bng comarcal Antonio Veiga informou que a campaña vai desenvolverse en todas as localidades da comarca con divulgación de folletos informativos entre a poboación e colocación de cartaces, elaboración de vídeos de apoio á campaña nas redes sociais e xuntanzas e interlocución co sector do comercio.
Axudas e liñas de crédito prioritarias para o comercio de proximidade
O deputado Daniel Castro recordou que desde o Bng levan tempo alertando da imposición por parte do goberno do PP na Xunta dun modelo de consumo ao servizo das grandes áreas comerciais de capital foráneo que pón en perigo ao noso comercio local, polo que “apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza en Galiza e na Mariña, para humanizar cidades e impedir a desertización das nosas vilas” afirmou.
Anunciou tamén medidas e propostas do Bng ao respecto, coma a recuperación dos mercados municipais e as zonas comerciais tradicionais como alternativa ás grandes superficies comerciais de capital transnacional, a regulación dos horarios comerciais, o establecemento de liñas de crédito prioritarias para o comercio de proximidade, axudas para a mellora de establecementos que coomercialicen produtos autóctonos e promoción da produción alternativa e ecolóxica, entre outras.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



