Lugo, 7 de decembro de 2021. A Rede Museística Provincial de Lugo preparou unha programación de Nadal para ofrecer a rapazada diferentes obradoiros e actividades vinculadas ás tradicións e hábitos destas datas. Desde este sábado e ata o vindeiro 6 de xaneiro, os catro museos desenvolverán unha variada axenda, con propostas que van desde ata a representación de pesebres ou a recreación da tradición de Cantos de Reis ata a elaboración de elementos decorativos de Nadal.
O programa e o formulario de inscrición nas distintas actividades está dispoñible na plataforma multicanle www.comunidadermpl.es.
MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA
A tradición é parte da nosa identidade e no Nadal imos seguir traballando para que o pasado estea máis presente ca nunca.
TEAS, TESOIRAS, IMAXINACIÓN…E ACCIÓN
Nestas datas imos poñer en valor a tradición do Nadal elaborando o decorado do evento que vai ser o colofón deste 2021, o PESEBRE VIVENTE.
Data: 11 de decembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 12:00h a 14:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
VOCEANDO ALEGRÍA
Fermosas e tradicionais panxoliñas soarán nos muros da Fortaleza San Paio de Narla, sendo un ensaio da actuación que vai ter lugar o 23 de decembro.
Data: 18 de decembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 12:00h a 14:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
PRESEBE VIVENTE
Representación en diferentes salas do noso museo do tradicional presebe, tendo como acto final a interpretación de panxoliñas.
Data: 23 de decembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 16:00h a 18:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
CANTOS DE SEREA
Actividade incluída no programa “Unha aventura de mar e estrelas” na que mergullarémonos na maxia dos mares e os ceos.
Data: 29 de decembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 17:00h a 18:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
CANTOS DE REIS
Cantos e sorrisos inundarán as rúas de Friol da man dxs nosxs pequeamigxs, encargados de recuperar unha tradición tan fermosa como os Cantos de Reis.
Data: 5 de xaneiro
Idades: Todas as idades
Horario: De 12:00h a 14:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
MUSEO PROVINCIAL DO MAR
CAMIÑOS DE ESTRELAS
Desde fai séculos e séculos as estrelas marcaron os camiños a seguir polos viaxeiros de terra e mar.
Cada época do ano, cada parte do planeta ten ás súas estrelas específicas, e nos ímonos encargar de buscar as que brillan no noso particular ceo.
Data: 29 de decembro.
Prazas: 10.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Lugar: Museo Provincial do Mar.
NOVO ANO, NOVO ALMANAQUE
Moitos foron os xeitos nos que a humanidade desde o principio dos días mediu o paso do tempo.
Investigar algún dos diversos almanaques que as diversas culturas usaron e usan será a nosa meta neste case derradeiro último día do ano.
Data: 30 de decembro.
Prazas: 10.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Lugar: Museo Provincial do Mar.
MUSEO PAZO DE TOR
A LUMINARIA EN TOR
Un obradoiro moi recorrente no Pazo de Tor porque entusiasma aos máis cativos, e máis por estas datas, cando a luz das candeas e quinqués gardan un significado moi especial, imposible sen as nosas amigas, as abellas, protagonistas deste Obradoiro. Achégate a descubrilo!
Data: 22 de decembro
Horario: 12:00h
Idades: Todas as idades
Lugar: Museo Pazo de Tor
AS POSTAIS, ULAS?
Hoxe, coas novas tecnoloxías e coa dixitalización, as veces, perversa da realidade física, mudou o xeito de nos relacionar e mesmo de transmitir afecto a parentes e seres queridos.
As postais de Nadal tiñan o noso selo, por aquilo que escribiamos no seu reverso. No Pazo de Tor iremos máis aló! Non só expresaremos o amor ou a nostalxia por algunha ausencia querida, tamén faremos a nosa propia postal coa técnica de gravado.
Data: xoves 23 de decembro Horario: 12:00h
Idades: Todas as idades
Lugar: Museo Pazo de Tor
OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA
A maxia dos ceos observarase nun escenario idílico como o Pazo de Tor.
Data: martes 28 de decembro
Horario: de 19:00h a 20:00h
Idades: Todas as idades
Lugar: Museo Pazo de Tor
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
XOGO DE RETOS: COMO NOS VESTIMOS!
Coñeceremos a vestimenta das diferentes épocas históricas realizando unha xincana polas coleccións do museo. A través de distintos retos, xogos de pistas, mímica, etc… faremos un percorrido pola historia da moda desde a Prehistoria ata os nosos días.
Data: 23 de decembro
Horario: de 17:00h a 19:00h
Idades: de 6 a 12 anos
Lugar: Museo Provincial de Lugo
COÑECEMOS OS ODS PARA APLICALOS
Obradoiro cunha parte teórica onde coñeceremos os ODS para levalos a cabo na nosa vida diaria e outra parte práctica que consistirá en realizar unha planificación mensual, con materiais reciclados, para alcanzar os meus propósitos para contribuír a ter un planeta sostible.
Data: 27, 28 e 29 de decembro
Horario: de 10:30h a 13:00h
Idades: De 8 a 12 anos (máx. 6 nenos por día)
Lugar: Museo Provincial de Lugo
NADAL SOSTIBLE
Aproveitando que estamos no Nadal, onde se fan excesos no consumo de todo tipo de recursos, queremos reflexionar cas crianzas que veñan a esta actividade empregando a Axenda 2030 de Obxectivos de Desenrolo Sostible (ODS). Para así, intentar concienciar en facer un Nadal máis sostible para todxs.
Data: 29 de decembro
Horario: de 17:00h a 19:30h
Idades: Todas as idades
Lugar: Museo Provincial de Lugo
AVENTURA ARQUEOLÓXICA NO MUSEO Este Nadal vén a divertirte ao museo. Axúdanos a resolver os enigmas que se agochan tras as pezas de arqueoloxía. Atoparás antigos tesouros, labirintos e instrumentos misteriosos que irás descubrindo mentres percorres as nosas salas ata completar este reto. Atréveste a vivir esta aventura?
Data: 3 de xaneiro
Horario: de 17:00h a 19:00h
Idades: De 6 a 12 anos
Lugar: Museo Provincial de Lugo
DESCUBRINDO O CEO LUCENSE
Estrelas brillarán no interior do Museo Provincial de Lugo.
Data: 4 de xaneiro
Horario: de 17:00h a 18:30h
Idades: Todas as idades
Lugar: Museo Provincial de Lugo




















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



