O BOP publica as bases para a contratación como persoal laboral non permanente dun oficial de primeira albanel para a Área de Obras do Concello de Burela, ao abeiro do programa Fomento de Emprego do Plan Único da Deputación. A duración do contrato será de 6 meses. O sistema de selección será o de concurso-oposición. O prazo de presentación de documentación será de cinco días naturais contados a partir de mañá, 18 de decembro. As bases da convocatoria atópanse colgadas no Taboleiro de Anuncios da web do Concello.
O Concello de Burela selecciona a un oficial de primeira albanel
O Concello de Burela selecciona a un oficial de primeira albanel
Relacionado
-
Para o PP, os últimos datos do paro da Mariña evidencian a “ausencia total de políticas de creación de emprego por parte do goberno local de Burela”
-
O BNG defende desde Burela un novo estatus institucional para a nosa pesca na UE
-
O Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as organizan este xoves unha charla-coloquio no IES Monte Castelo