Santiago, 22 de decembro de 2021. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que manifeste, nas negociacións dos trílogos do Regulamento de control da pesca 1224/2009 que se están a levar a cabo en Bruxelas, o rexeitamento ás medidas contempladas no mesmo, especialmente as referentes á pesca costeira artesanal e, de forma específica, as referidas á obrigatoriedade de instalar cámaras a bordo, o diario electrónico de pesca na frota artesanal e a xeolocalización en barcos de máis de catro metros de eslora.
A portavoz popular de Pesca, Teresa Egerique, subliñou que “para os representantes do sector pesqueiro as medidas de control existentes xa son suficientes, e as propostas incluídas no regulamento aínda sen aprobar xeran un exceso de celo que non garante o cumprimento das normas e provocarán unha importante complicación da actividade a bordo”.
MEDIDAS DIFÍCILES E DESPROPORCIONADAS
Egerique manifestou que a obriga de incorporar sistemas de xeolocalización en embarcacións de menos de 12 metros de eslora “resulta moi difícil porque esta frota faena de forma moi próxima entre si e, polo tanto, este tipo de control no achega grandes avances sobre o mero seguimento visual desde terra; ao tempo que moitas embarcacións de pesca costeira artesanal carecen de motor intraborda e de enerxía eléctrica, o que obrigaría a dispoñer de baterías e incrementaría moito os custos”.
Así mesmo, considerou “desproporcionada a medida de incorporar sistemas de vixilancia e control mediante cámaras de televisión de circuíto pechado, xa que este tipo de embarcacións adoitar capturar un reducido número de especies, ademais de supoñer unha clara intromisión na identidade dos tripulantes”.
“Consideramos que os buques da frota costeira artesanal cuxas mareas de pesca sexan inferiores a 24 horas deberían estar exentos de portar e cubrir un caderno diario en formato electrónico con notificación previa ao desembarco, declaración de desembarque, nota de venda e documento de transporte”, apuntou.
Teresa Egerique tamén defendeu a eliminación do concepto de lote para produtos de conserva e manufacturados, seguindo a petición do Consello Galego de Pesca, xa que “esta proposta non favorece a esta industria”.
PROBA PILOTO
Para rematar, a portavoz do Mar criticou que o Goberno de España “poña en marcha, a modo de experiencia piloto, as medidas contempladas no regulamento, investindo 1,5 millóns de euros principalmente no desenvolvemento dunha aplicación informática e na compra de 150 tabletas para probar noutros tantos pesqueiros de Galicia”.
“O sector non entende este proceder cando desde a propia Secretaría Xeral de Pesca déraselles a palabra de defender en Bruxelas as demandas da frota española dentro das negociacións que agora comezaron para a aprobación do regulamento de control”, sinalou.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



