A Fonsagrada, 1 de decembro de 2021. O voceiro do Grupo Municipal do PP de A Fonsagrada, José Regueiro, critica “a nula vontade” do goberno local para axudar ás asociacións a asumir a titularidade das escolas rurais. O popular fai esta valoración, logo de que o Concello aprobase un inventario de inmobles municipais sen ter en conta os intereses dos veciños das parroquias nas que se atopan estes centros, que foron construídos coa colaboración e aportación cidadá.
Precisamente, esta decisión “unilateral” dos dirixentes locais está a causar malestar entre a veciñanza, pois, segundo expón Regueiro, “moitas destas escolas están en pé grazas a que veciños cederon terreos, aportaron material, etc”. Por tanto, considera que “o mínimo” sería chegar a un acordo con eles para crear o impulsar algunha asociación que puidera asumir a titularidade destes inmobles. “O lóxico e o que os veciños demandan é que os que deben xestionar e ser titulares destas escolas sexan eles e non o Concello”, insiste.
José Regueiro convida ao goberno local “a que reflexione” e “non darlle ás costas aos veciños”. “É unha obriga moral e política. Estas escolas fixeron e fan un excelente servizo. Moitas xeracións se formaron nelas, sobre todo, nun tempo no que o acceso á ensinanza estaba máis complicado”. Por iso, dende o PP “defendemos que o Concello dea marcha atrás e se reconsidere esta cuestión”. “O que debería facer o goberno local é poñer a disposición das asociacións de veciños todos os medios necesarios para a súa restauración”, manifesta.
Estas escolas sitúanse en 26 parroquias. Son as seguintes: Maderne, Freixo, Carballido, Pobra de Burón, O Trobo, Pacios de Mourisco, A Bastida, Neiro, O Padrón, Bruicedo, San Pedro do Río, Vilabol, Fonfría, Veiga de Logares, Paradavella, Vieiro, Piñeira, Monteseiro, San Martín de Suarna, Vilar de Cuíña, Lamas de Campos, Arroxo, Lamas de Moreira, A Trapa, Allonca e Cereixido.
























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



