Lugo, 16 de decembro de 2021. O Partido Popular da provincia de Lugo continúa coa programación de actividades que lle permiten analizar os asuntos que afectan e interesan aos lucenses. Así, aproveitando a reunión da Xunta Directiva provincial da que forman parte alcaldes e portavoces, puideron coñecer máis polo miúdo a vertebración da Atención Primaria na que traballa a Goberno galego da man da directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Estrella López-Pardo. Foi grazas á organización da Comisión de Sanidade, que preside Encarna Amigo.
A presidenta dos populares lucenses, Elena Candia, explicou que “traballamos de forma diaria e continua, da man do tecido social, económico e cultural; é dicir, estando ao pé dos veciños para coñecer as súas demandas e buscar solucións ás cuestións que lles preocupan. O pasado sábado celebrábamos en Lugo unha xornada de análise sobre a educación e hoxe abordamos outro dos asuntos de maior relevancia para a sociedade lucense, a saúde. Son, en ambos casos, temas que nos ocupan e aos que o Goberno galego da prioridade nos seus orzamentos para o 2022 que recollen o maior gasto social da historia: 8.660 M€ para a sanidade pública, o ensino, as políticas sociais e o emprego”.
En relación á atención máis próxima aos cidadáns, López-Pardo explicou que “o Sergas está a facer un gran esforzo por aumentar o cadro de persoal nos centros de saúde ante a realidade da escaseza de médicos de primaria”. A presidenta provincial do PP advertiu, a este respecto, que se trata “dun problema que afecta a tódalas comunidades autónomas” e, polo tanto, “pedimos ao Goberno de España que permita a Galicia formar a máis médicos, que elimine a taxa de reposición como lle temos demandado en varias ocasións dende o Parlamento galego”.
“A Xunta, pola súa banda, está a tomar medidas co obxectivo de intentar atraer profesionais e tamén traballa na reorganización da atención primaria para que outros profesionais, sobre todo de enfermería, teñan máis capacidades e, polo tanto, permita axilizar a atención aos pacientes”, indicou a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria. Tamén de cara a aumentar a axilidade e capacidade resolutiva en relación ás cuestións farmacolóxicas, a Consellería de Sanidade traballa na posta en marcha da e-interconsulta, unha ferramenta entre os farmacéuticos e médicos e enfermeiros.
Máis servizos implantados na atención primaria
Sanidade creou nos últimos anos, entre o 2019 e o 2021, máis de 300 prazas en atención primaria. E, de cara ao 2022, os orzamentos da Xunta inclúen a incorporación de 109 novas prazas; así como a estabilización dos contratos de continuidade que xa suman tres anos de duración (66 enfermeiros e 20 médicos de familia).
López-Pardo tamén explicou que Galicia foi a primeira comunidade de todo o Estado en crear prazas de enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria, e enfermería pediátrica, sendo na actualidade un total de 150 nos centros de saúde. E tamén se dotou á atención primaria de psicólogos clínicos.
Infraestruturas
A presidenta dos populares lembrou, en materia de infraestruturas sanitarias, que “a Xunta aprobou recentemente o Plan de Infraestruturas de Atención Primaria que permitirá construír 6 novos centros de saúde na nosa provincia -Antas de Ulla, Sagrado Corazón en Lugo, Pantón, Ribadeo, Becerreá e Guntín- e reformar outros 6 -A Milagrosa en Lugo, Meira, Outeiro de Rei, Foz, Plaza de Ferrol en Lugo e Ribas de Sil-”.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



