Burela, 13 de xaneiro, 2022. A sala de arte da Casa da Cultura acolleu este xoves a entrega dos premios aos gañadores do Certame de Postais de Nadal, que convocou a Biblioteca Pública Municipal.
Xunto ás premiadas e premiados, que recibiron material escolar como agasallo, estivo o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor felicitou aos gañadores do Certame de Postais de Nadal e animounos a seguir creando e participando en convocatorias futuras.
A exposición con todas as postais presentadas ao concurso segue aberta ata o vindeiro 21 de xaneiro de luns a venres en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas.
Os gañadores, desta edición do Certame, foron os seguintes :
+ EDUCACIÓN INFANTIL:
-1º Premio: ALDARA NIÑEZ GÓMEZ (4 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-2º Premio: LEO ÁLVAREZ PERNAS (3 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-3º Premio: MARTINA MASEDA GARCÍA (5 anos) CEIP VIXE DO CARME.
+1º e 2º de PRIMARIA:
-1º Premio: PEDRO COCIÑA LESTAO (6 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-2º Premio: BELLA VALENTINA QUIROZ HUAMAN ( 7 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-3º Premio: MARÍA QUINTANA SANJURJO (7 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
+3º e 4º de PRIMARIA:
-1º Premio: IRENE GARCÍA HERMIDA (9 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-2º Premio: ANGELA DÍAZ LÓPEZ (9 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-3º Premio: CLARA VÁZQUEZ (8 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
+5º e 6º de PRIMARIA:
-1º Premio: ALEJANDRO ESPINO QUISPE (10 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-2º Premio: NEREA FERNÁNDEZ LORREA (11 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-3º Premio: ALEJANDRA RODRÍGUEZ PERNAS (11 anos) CEIP VIRXE DO C ARME.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


