Ribadeo, 07 de xaneiro de 2022. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, animou hoxe aos veciños e veciñas de Ribadeo a acollerse ás distintas liñas de axudas para vivenda que financia o Goberno con fondos do Plan de Recuperación. A subdelegada viaxou hoxe a Ribadeo, onde mantivo unha xuntanza co alcalde, Fernando Suárez, e anunciou que este é un dos concellos galegos que se poden beneficiar do pulo á rexeneración urbana pola que aposta o Goberno.
Isabel Rodríguez explicou que o Plan de Recuperación do Goberno inclúe distintas liñas de axudas en materia de vivenda, como as que ofrecen fondos para a rehabilitación enerxética de vivendas que xa se poden solicitar, unha vez que as convocou a Xunta, ou as recollidas nos convenios recentemente asinados para a reforma do parque inmobiliario galego.
A subdelegada subliñou que as políticas de transformación urbana do Goberno suporán unha inxección económica de 230 millóns de euros en Galicia entre 2021 e 2022, o que representa “unha extraordinaria oportunidade que sería unha irresponsabilidade desaproveitar”. Por iso, pediulle á Xunta que non deixe fondos sen executar, como sucedeu en anos anteriores.
A subdelegada explicou que a rexeneración urbana e a rehabilitación de vivendas forman parte da estratexia deseñada polo Goberno dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Así, o compoñente dedicado á rexeneración urbana contempla seis programas, dos que catro son xestionados polo Ministerio de Transportes e os dous restantes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.
A execución destes programas é un exemplo do modelo de cogobernanza do Goberno coas comunidades autónomas e as entidades locais, ás que o Goberno transfire fondos para que materialicen as intervencións directamente ou ben realicen convocatorias de axudas, en función de cada un dos programas.
Moitas das partidas aprobadas polo Goberno serán transferidas e xestionadas pola Xunta de Galicia, á que chamou a colaborar para aproveitar todos os fondos disponibles e que non suceda como co Plan de Vivenda 2018-2021, no que dos 82 millóns de euros que xestionou a Xunta, quedaron 40 sen executar
Un dos programas impulsados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica é o Reto Demográfico é o Programa PREE 5000 de Rehabilitación Enerxética de Edificios dirixido a concellos de pequeno tamaño que, nesta convocatoria conta cun orzamento de 3,8 millóns de euros. Está dirixido a residentes en concellos de menos de 5.000 habitantes ou de menos de 20.000 se ningún dos seus núcleos de poboación supera os 5.000. O seu obxectivo é a redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30% e mellorar a cualificación enerxética do inmoble. É posible financiar ata o 100% do orzamento da actuación. O prazo quedou aberto este luns pola Xunta e continúa ata o 30 de setembro.
607.000€ PARA REHABILITACIÓNS EN RIBADEO E RINLO
No caso de Ribadeo, a subdelegada indicou que o Goberno apoia a rehabilitación do parque de vivendas e espazos públicos con novas axudas, tal como recollen os convenios recentemente firmados co Concello para as áreas de rexeneración e renovación urbana do Casco histórico da vila de Ribadeo e o núcleo de Rinlo.
Son en total 607.852 euros de axudas que facilitarán a rehabilitación de 26 vivendas. De eses fondos o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana achegará 299.376 euros, o Concello de Ribadeo 231.117 e a Xunta de Galicia 77.359 euros.
Na Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Casco histórico da vila de Ribadeo as axudas suman 407.256 euros para a rehabilitación de 18 vivendas. Os fondos do Goberno ascenden a 207.260 euros, os do Concello é de 146.440 e o investimento da Xunta a 53.556.
No caso da Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Núcleo de Rinlo, a dotación das axudas ascende a 200.596 euros para a reforma de 8 vivendas, dos que 92.115 son fondos que achega o Goberno, 84.677 do Concello e 23.802 da Xunta.






















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



