Ribadeo, 15 de xaneiro de 2022. O aseo urbano é un dos principais indicadores de como están xestionadas as vilas e cidades. Constitúe unha peza fundamental para a mellor ou peor calidade de vida dos veciños e da imaxe que os visitantes levan do lugar que acaban de coñecer. En Ribadeo, a limpeza das rúas deixa moito que desexar, incluso en períodos tan sinalados como son as festas de Nadal. A concelleira Elena Sierra sinala: “En estas navidades y en estos momentos, Ribadeo estuvo y está pésimamente gestionado en lo que se refiere a la recogida de basura, limpieza de calles, contenedores y papeleras. El baldeo y limpieza de las calles fue inexistente. Hay zonas en la villa que llevan tanto tiempo sin limpiar, que las aceras están cubiertas de verdín. Por no hablar de la abundancia de excrementos de animales”.
A mesma concelleira popular faise eco das queixas veciñais e di que non é estraño que se produzan. Pregunta ao goberno local, presidido por Fernando Suárez: “¿Dónde está ese plan de residuos y limpieza viaria que ustedes aprobaron en el pleno? Es muy fácil aprobar iniciativas para cubrir el expediente, pero no lo ponen en práctica”.
Sierra acusa ao goberno local de falta de eficacia na xestión dos asuntos municipais e de estar máis preocupado por saír na foto que por resolver os problemas dos veciños: “El alcalde y el concejal de Medio Ambiente se dedican día tras día a informarnos en los medios de comunicación de la campaña de esterilización de gatos, que nos parece muy bien, pero, a la vista de las circunstancias, nos preguntamos si solo se dedican a eso”.
Os populares apuntan que hai unha máquina barredora que leva meses avariada, nun taller e sen amañar. Sierra destaca: “Las máquinas de baldeo se están pudriendo por falta de uso”. Asegura: “Estamos ante un gobierno que no trabaja, que día tras día va a peor; solo trabaja para la foto y para elecciones, y, como consecuencia, se le está acumulando el trabajo pendiente”.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



