Ribadeo, 21 de xaneiro de 2022. Última xornada de traballo da delegación, conformada por Concello de Ribadeo e Acisa, que estes días fai promoción dos potenciais turísticos ribadenses en Fitur. A Madrid viaxaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, a técnica de Turismo, Begoña García, e o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
Dende o pasado mércores os representantes municipais e do empresariado ribadense están a mantear diferentes encontros de traballo con fin de potenciar a imaxe turística de Ribadeo. Estes días manteñen reunións de traballo con empresas turísticas, turoperadores e con diversas axencias de viaxes.
“Nesas reunións estamos a expoñer as liñas nas que levamos anos traballando co obxectivo de fidelizar visitantes, atraer novos segmentos de poboación e favorecer a desestacionalización do destino”, apuntan desde o Concello e Acisa.
E subliñan que “a labor está centrada na promoción dos diferentes produtos turísticos cos que contamos como as xeorutas, o Ribadeo Indiano, o Ribadeo Ilustrado,… entre outros, demostrando que somos un destino turístico 365 días ao ano con diversas experiencias de turismo vivencial. Tamén tentamos dar unha visión moito máis ampla da praia das Catedrais para expoñer todo o seu potencial e que este reverta na economía local”.
Desde a delegación ribadense desprazada a Fitur engaden que “a promoción de Ribadeo como paso do Camiño de Santiago está a ser unha liña de especial traballo de cara a este año santo 2022 por todo o que pode supor para o noso concello”.
Concello e Acisa mantiveron estes días xuntanzas co Clúster de Turismo de Galicia e tamén coa Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia. Despois de 2 xornadas moi intensas de traballo, hoxe remata axenda coas últimas reunións e presentacións das que din “están a ser moi produtivas, de aí que esteamos moi satisfeitos co noso paso por Fitur 2022”.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



