Lourenzá, 28 de marzo de 2022. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, considera que “é de moi mal gusto que o PP faga política coa rehabilitación do mosteiro xa que quedaramos os tres grupos en traballar unidos, para o que se creou unha mesa de traballo da cal forma parte o voceiro do Partido Popular. Parece que a única intención que ten é romper con esa mesa de traballo, na que o señor Rodríguez foi informado de que son as normas europeas as que non deixan cabida a cesións demaniais deses edificios, é dicir que os convenios de cesión que se firmaron entre os concellos e o Bispado non serviron xa que eses bens tiñan que ser de titularidade pública. De feito, parece que o voceiro popular non se decata de que non só foi o Mosteiro de San Salvador senón que tiveron que ser retirados do Plan Turístico Nacional todos os edificios que non fosen de titularidade pública de toda España”.
A rexedora municipal laurentina engade: “lamento moito esta actitude xa que deberíamos estar todos unidos traballando para buscar novas vías de financiamento para a rehabilitación do mosteiro e non facendo política de algo tan serio. Agradezo a postura sempre colaboradora do BNG de Lourenzá neste tema porque me consta que é un tema que lles preocupa, e no que toca arrimar o ombreiro. Paréceme vergonzoso que o voceiro do PP aproveite a situación para crear controversias e polémicas, cando debería axudarnos a buscar novas solucións en vez de andar botando culpas aos demais. Está claro que empeza a carreira de cara as próximas eleccións e a algúns non lles importa intentar sumar puntos a toda costa, aínda que sexa con cuestións nas que o concello perde. Sinto pena de que non reme con nós, co BNG e co PSOE, nun tema tan serio e tan importante para Lourenzá, deixando de lado as cores políticas”.
Rocío López aclara que “dende o comunicado que nos enviaron da Xunta de Galicia e que recibiron da Secretaría de Estado de Turismo do goberno central parece que deixaron aberta a vía para que en futuras anualidades puidesen concorrer proxectos privados, é dicir o Bispado como propietario do inmoble. Nós, pola nosa parte, seguiremos traballando nesa mesa xunto co BNG para dirixirnos a todas as administracións e ver outras vías de financiamento posibles para conseguir fondos para unha futura rehabilitación”.
A alcaldesa remata comentando: “efectivamente alegrabámonos porque era unha boa nova para Lourenzá e para todos os laurentinos. Daquela o voceiro do PP non se alegrou nin chisco porque pensou que era un mérito do equipo de goberno, pero o señor Rodríguez alegrase hoxe desta mala nova. Que triste esta actitude!”.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



