Lugo, 25 de marzo de 2022. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a convocatoria e as bases da terceira edición dos premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense. Como novidade, e de forma exclusiva, a institución provincial inclúe unha terceira modalidade enfocada ao Turismo Sostible.
A Voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, explicou que “esta nova categoría dos premios, que foi aprobada previamente polo Consello Provincial de Turismo, enmárcase dentro das accións que levaremos a cabo como antesala do evento Copa España Creativa – Fórum Lugo 2022, do que somos anfitrións despois de gañar este certame o pasado ano por un proxecto de recuperación e posta en valor de soutos na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá”.
Co Premio Turismo Sostible, asegurou a Deputada, “buscamos recoñecer as iniciativas que, dentro da provincia de Lugo, contribúan a acadar a sustentabilidade turística no eido social, económico e medioambiental”.
En canto aos premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense manteñen as bases das edicións anteriores para recoñecer unha traxectoria profesional exemplar ou proxectos e iniciativas concretas no eido do turismo e da gastronomía.
García Porto sinalou que “estes recoñecementos son unha medida máis que promovemos para apoiar, poñer en valor e visibilizar o traballo e a calidade do sector turístico e hostaleiro da nosa provincia, algo especialmente necesario e importante nestes momentos”.
Poden presentarse persoas físicas ou xurídicas, institucións e entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional que destaquen nalgunha das tres modalidades e que teñan repercusión positiva no turismo ou na gastronomía a nivel provincial ou nunha zona específica. As candidaturas poderán ser presentadas a título individual ou por unha terceira persoa co consentimento expreso do candidato ou candidata.
O xurado estará composto polos representantes do Consello Provincial de Turismo, que, nunha sesión extraordinaria, fallará tres premios nas categorías Lugo Cambia ao Turismo Lucense e …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense, respectivamente, e un único premio no caso da categoría de Turismo Sostible. Na valoración das candidaturas terase en conta a aportación da iniciativa ao desenvolvemento turístico, a singularidade da proposta e a repercusión positiva sobre a imaxe da provincia.
Os galardóns, con carácter honorífico, serán entregados o 27 de setembro nun acto público coincidindo co Día Mundial do Turismo. Como nas dúas edicións anteriores, os galardóns, con carácter honorífico, consistirán nun diploma acreditativo e nun agasallo, que será unha peza de artesanía tradicional da provincia.
Está previsto que as bases desta nova edición do certame se publiquen no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o próximo xoves 31 de marzo e, as persoas ou entidades interesadas, contarán con 75 días naturais para formalizar a solicitude, isto é, ata o día 14 de xuño”, apuntou García Porto.
Emprego público
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a convocatoria e as bases específicas para a constitución de tres listaxes de emprego temporal na Deputación de Lugo para os postos de peón ou peoa na Granxa Gayoso Castro, peón ou peoa para a reparación de vías provinciais e oficial de oficios múltiples.
A voceira socialista do Goberno destacou que “estas tres listaxes permitirán incorporar de forma áxil efectivos cando existan motivos de necesidade e urxencia”.
As convocatorias sairán publicadas no Boletín Oficial da Provincia con toda a información necesaria para que as persoas interesadas se poidan inscribir.
A Xunta de Goberno tamén aprobou hoxe a adxudicación por 6.547,60€ do contrato para o mantemento das licencias de uso do sistema para a xestión do control horario do persoal da institución provincial. Este contrato conta cunha duración dun ano, con posibilidade de ser prorrogado de ano en ano, sen que a duración supere en total os 4 anos.
Cooperación cos concellos
Na reunión deste venres, a Xunta de Goberno aprobou así mesmo a solicitude do Concello de Rábade para destinar remanentes do Plan Único 2021 á renovación de beirarrúas e servizos dun tramo da Avenida da Coruña da localidade cunha achega provincial de 17.350,56€.
Ademais, saíu adiante unha addenda ao convenio de colaboración da Deputación co Concello de Mondoñedo para a adecuación do Miradoiro de Paredóns, ampliando o prazo de execución das actuacións ata o 30 de setembro deste ano e o prazo de xustificación ata o 31 de outubro. A través deste convenio, a institución provincial aporta 150.000 euros ao Concello de Mondoñedo para realizar melloras no propio edificio do Miradoiro e nos accesos.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



