Burela, 4 de marzo de 2022. A Concellería de Muller e Igualdade organiza varias actos para conmemorar o Día Internacional da Muller. A fachada da Casa do Concello estará iluminada de violeta, o 8 de marzo procederase á lectura dun manifesto institucional e realizarase un acto público de recoñecemento a Gloria González Niñe, dándolle o seu nome a unha travesía da vila. O programa de actividades foi presentado por Noelia Mª Ben.
A edil de Muller e Igualdade explicou que “durante a semana do 8 de marzo iluminaremos a fachada da Casa do Concello de violeta. Tamén durante a vindeira semana a biblioteca municipal habilitará un espazo na planta baixa no que estarán expostos diversos libros sobre mulleres referentes na historia e na cultura, libros sobre diversidade, igualdade e feminismo entre outros”.
Noelia Mª Ben subliñou que “a Concellería de Muller e Igualdade e a Biblioteca Municipal traballamos en común para a creación do Espazo Violeta, co obxectivo de dar maior visibilidade a esta temática e acercala á cidadanía, a través da lectura. Ponse así en marcha unha iniciativa das recollidas no Plan de Acción Municipal para a Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Burela. Este espazo, dirixido a nenos e nenas, reunirá libros que abordan temas como a violencia de xénero, feminismo, diversidade, igualdade, coeducación…
Parte destes libros xa formaban parte do fondo da biblioteca, e pasarán a reubicarse neste espazo, e outros serán novas adquisicións”.
A concelleira burelesa seguiu a relatar que “xa o propio 8 de maio ás 12 da mañá na Praza do Concello faremos a lectura do manifesto institucional deste día e procederemos a realizar un acto público de recoñecemento a Gloria González Niñe, veciña de Burela que amosou e amosa publicamente o seu amor á vila que a viu nacer de múltiples maneiras e así para darlle as grazas por ser un referente na historia recente de Burela. Imos poñerlle Gloria da Corneta a unha das travesías da nosa vila”.
Noelia Mª Ben lembrou que “a asignación de nomes de mulleres senlleiras da comarca á guía de rúas de Burela e a outros espazos municipais (edificios públicos…) é unha das medidas recollidas no Plan de Acción Municipal para a Igualdade entre Homes e Mulleres do Concello de Burela”.
A concelleira de Muller e Igualdade engadiu que “remataremos esta semana de celebracións arredor do Día da Muller con teatro. A compañía De Ste Xeito representará Feminíssimas na Casa da Cultura de Burela o 18 de marzo ás nove da noite. Trátase dunha comedia negra…moi violenta. O prezo das entradas na billeteira será de 3 euros. Queremos convidar a toda a veciñanza a participar nesta programación, que elaboramos desde o Concello de Burela”.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


