A actuación será ás 13:30H na Praza dos Campos de San Cibrao.
Este domingo, dentro do ciclo de concertos “A Caixa de Música”, actuará o grupo de música tradicional Fol do Raxal

Este sábado 9, ás 19:00h no Salón de Actos, Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música de Lourenzá. No mesmo lugar, tamén ás 19:00h do día 17: espectáculo de música e teatro para todos os públicos con "Zona en Obras" con Brais das Hortas e, ao rematar, farase a entrega dos premios do XXI Concurso de postais de Nadal, no que ademais dos premiados, todos os participantes recibirán un diploma e un agasallo polas súas obras.
Este documental dirixido por Pedro Lechuga Mallo e producido por Germán Pérez Molina recolle as mobilizacións sociais dos anos 70 do pasado século XX para evitar a instalación no lugar de Regodela (Xove) dunha central nuclear.
Celebrouse no Restaurante - Marisquería a A Marquesa coa asistencia de 20 persoas socias. Durante a sobremesa gozaron coa vitoria do Dépor perante o Barça B en partido celebrado no Johan Cruyff.
As crianzas, estiveron acoñañadas, pola rexedora, Dolores García Caramés, que "puxo en valor a actividade que concentra cada ano a un gran número de pequenos que pasan un anaco divertido elaborando as súas figuriñas para dar forma ao Belén que se poderá visitar durante todo o Nadal na Casa da Cultura".
Este venres, 8 de decembro, a Asociación de Veciños de San Pedro de Mor e a Asociación Cultural e Xuvenial O Castelo celebran a primeira edición do Mercado de Nadal en Alfoz. Será no Atrio da parroquia de San Pedro e contará con carpa climatizada. Haberá diversos postos de artesanía, adornos de nadal, accesorios, xoguetes, productos delicatessen, Venda de chocolate con churros, biscoito, viño quente e bebidas variadas. Ás 12h e ás 17h haberá obradoiros para os máis pequenos. Ás 19 h farase o acendido das luces da parroquia, acompañado dunha actuación musical navideña. O horario do mercado é de 10h a 20h.
Venres, 8 de decembro: ás 17:30 horas, "Cirkote, espectáculo de malabares" nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración de Airiños do Xunco. Pola tarde, ás 19:00 horas, inauguración da mostra fotográfica "Azores Somerxida" obra de Anxo Cao no auditorio da Casa da Cultura, cunha charla do propio autor na que explicará o transfondo desta exposición froito de moitos meses de traballo no mar nas Illas Azores. Sábado, 9 de decembro: ás 19:00 horas, "Contos de Contrabando" de Avelino González, no auditorio da Casa da Cultura.
Chámase Ohana e xa se integrou na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) ribadense. Os propietarios deste establecemento, a parella formada por Octavio Florencio Marques e Nadia Álvarez García, chegaron a Ribadeo procedentes de Andorra. Ohana está no centro histórico, concretamente no número 1 da rúa Villafranca del Bierzo, que fai esquina coa rúa San Francisco.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital